top of page

Diferentes espazos de música en Galicia

Actualizado: 25 dic 2023

A elección do tema radica en que Galicia é unha comunidade que goza de ter centos de espazos onde se pode desfrutar de música en directo.


Deste xeito, decidín crear un espazo que diferenciase estes espazos. Polo tanto, dividín as categorías en foliadas, festivais e salas de festa.


Os problemas que atopei á hora de facer este mapa foron varios. En primeiro lugar, as iconas. Non había demasiadas iconas que me permitisen representar o que quería. Dende aquí un chamamento para que incorporen pandeiretas a Font Awesome. Outro problema foi á hora de recompilar os datos e a información. Hai un montón de espazos musicais en Galicia, pero tampouco quería concentrar todos nunha soa provincia ou nun só rincón. Entón, tiven que equilibrar un pouco a presenza destes espazos ao longo de toda a xeografía galega, evitando a superposición masiva no mapa.




1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

En liñas xerais hai un moi bo traballo. Hai unha boa xestión da cor e tamén das categorías. Como puntos para a mellora sinalaría, por un lado, a necesidade de revisar a presentación de todas as etiquetas. Hai lugares nos que, ao presentalas todas, hai unhas cantas cousas de máis. Por outra banda, cando hai "múltiples fuentes" para iso é mellor non sinalar nada, xa que tampouco dicimos gran cousa. Fóra deses detalles, todo en orde. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page