top of page

Diez deportistas por las que ver París 2024

Esta infografía busca dar visibilidade á muller no mundo dentro do deporte, en concreto dentro do panorama español. Para enfocar esta peza intentei tomar o papel da área de comunicación de COE (Comité Olímpico Español) polo que nun primeiro momento fixera uso, como fondo da miña infografía, da cor amarela e para o título o vermello, simulando as súas cores corporativas. Posteriormente esa cor foi cambiada pola representativa da competición e o titular pasou a ser negro para evitar a presenza de tantas cores distintas, xa que as partes visuais contan con moitas cores.

Comecei o traballo dende cero, non empreguei ningunha plantilla. O primeiro que fixen foi elaborar a ilustración que representase as diversas disciplinas das que ía tratar pero non acababa de encontrar o tamaño ideal para o documento no que houbese espazo para poder engadir a parte informativa. Finalmente decidín crear algo máis horizontal de que ao principio pensara para que todo puidese quedar mellor distribuído.

Foi un pouco complicada a elección de deportistas xa que hai moitos deportes (e mulleres neles) e non quería invisibilizar ningún pero creo que dez xa é un número bastante elevado, polo que tentei combinar a deportistas xa bastante coñecidas con algunhas que non o son tanto. A hora de encontrar información tamén foi un pouco complicado xa que en moitas páxinas non aparece o palmarés completo e non quería deixar ningún dato atrás.


1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

O traballo está moi ben executado. É orixinal na súa disposición e a información que presenta está perfectamente seleccionada. Como puntos para a mellora sinalaría dous nos que seguramente habería terreo para facer algúns cambios. O primeiro deles sería a cor do fondo, que no seu estado actual é bastante intensa, quitándolle así certa lexibilidade aos textos que van nos bloques de cada unha das deportistas. En segundo lugar (aínda que este sería negociable) igual viña ben transformar esas frechas que unen as ilustracións coas súas respectivas deportistas en números, letras ou mesmo unha icona representativa do seu deporte. Así evitamos encher de liñas o traballo e non perdemos esa idea de unir ás deportistas coa ilustración que representa a…

Me gusta
bottom of page