DATOS SOBRE A PROFESIÓN DO XORNALISMO
- Silvia Casal
- 23 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Os datos que escollín para a primeira visualización, a gráfica de dispersión de Scatter, foron tomados do Informe Anual da Profesión Xornalística de 2021, elaborado pola Asociación da Prensa de Madrid con datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. A partir deste informe creei unha táboa cos datos
necesarios.
A segunda visualización (Hierarchy) realiceina a partir de datos publicados por Reporteros Sin Fronteras. Decidín extraer a información que empregaría do seu Barómetro e crear unha táboa con ela.
Na gráfica de dispersión decidín diferenciar os datos por xénero, de aí que os puntos teñan dúas cores distintas. Porén, tamén quería mostrar a variación da taxa de paro entre un ano e outro, por eso decidín engadir esa información no desplegable. Ó facer click en cada punto, ademais da cifra de profesionais desempregados en cada comunidade, tamén aparece unha gráfica na que se mostra a taxa de variación das mulleres e homes xornalistas en situación de paro entre o 2020 e 2021.
Na gráfica de Hierarchy móstranse os xornalistas asasinados e detidos en diferentes países. Ó facer click en cada país podes escoller ver os datos dos detidos/asesinados do ano 2021 ou do 2022.
Observando o resultado gustoume a paleta de cores final, xa que o violeta consegue dalgunha forma dar harmonía ás duas gráficas no seu conxunto.
O gráfico de dispersión está correcto e ben traballado, tanto no terreo dos datos como no da cor e a programación. Iso si, hai unha cousa que tocaría revisar, e é o feito de que a cantidade de xornalistas no paro apareza con decimais dentro da ventá emerxente. E é que, se falamos de persoas, os decimais deberían desaparecer, pois non podemos ter 0,5 persoas.
O de xerarquía está ben executado en termos de programación e de xestión dos datos. O punto onde poderiamos mellorar é na propia elección da forma gráfica. O teu é un deses casos que comentamos na clase nos que hai variables moi fortes e con moito peso e outras máis pequenas. Para facer máis visibles…