top of page

Datos sobre a criminalidade

Na primeira gráfica escollín representar os datos de homicidios de varios países europeos e a súa evolución entre o 2000 e 2020. Incluso se temos en conta que os datos do 2020 foron afectados pola COVID, podemos observar unha tendencia negativa en case todos os países. A información é de Datosmacro.



No pop-up dos puntos engadín outra gráfica para completar a información, na que usei os datos da ONU sobre o mecanismo empregado para cometer asasinatos en Europa, América e Asia.



A segunda gráfica fíxena de crimes en España: usei os datos de asasinato consumado, tentativa de asasinato e secuestro. Escollín as 5 comunidades autónomas máis poboadas e quixen comparar os datos dos 4 trimestres de 2022. Os datos son do INE.





A parte coa que máis dificultades tiven foi a elaboración da gráfica de xerarquía porque tiña que usar un volume bastante grande de datos e decidir que crimes, comunidades e división temporal incluir. Creo que ao final os datos de asasinato (e tentativa) e secuestro foron unha boa escolla porque teñen bastante relación coa gráfica anterior, aínda que en Galicia os secuestros foron case sempre 0.


Alicia Novoa

1 comentario


angel.vizoso
13 ene 2024

En primeiro lugar, sinalar que nos falta a autoría dos gráficos. Ademais, tocaría mudar ese "source" por un "fonte".


O traballo cos datos é bo. No de dispersión habería certa marxe para facelos máis complexos, pero o certo é que o presentado é correcto.


No de xerarquía hai tamén un bo traballo cos datos e unha boa programación. Onde habería marxe para a revisión é na propia selección da forma gráfica. Ao contar con variables con moita presenza e outras con menos, algunhas delas son difíciles de advertir dentro deste "sunburst". Neste caso, formas como o "Treemap" poderían axudarche algo máis, facendo máis claras esas partes do conxunto de datos que son máis pequenas.

Me gusta
bottom of page