top of page

Cruzar a raia no Baixo Miño- Iria Peniza

A proximidade do Baixo Miño con Portugal é unha característica intrínseca da zona, palpable coa creación de Eurocidades. Non obstante, a comunicación a través do río Miño non sempre é sinxela. Exemplo disto ocorre na Guarda, onde actualmente para visitar o país veciño en coche hai que facer o camiño ata Goián (Tomiño).


Aínda que a idea estaba clara desde o comezo, a necesidade dun mapa complicou a infografía, pois non existían mapas da zona tan concreta para realizar esta visualización da información. Para iso, tiven que recorrer ao mapa de Portugal do propio Canva recortado, e atopar outro de Galicia na rede e encaixalos de xeito manual, tanto en tamaño como a nivel orográfico. A partir de aí o trabllo xa foi máis rodado.


En canto ás iconas, moitas delas son procedentes de Flaticon para teren un diseño similar. A elección de cores veu dada por un dos mapas e a icona do ferry, que xa marcaron unha cromática clara e suave para o resto da infografía.







1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

Hai un bo traballo de xestión da cor, pois fóra do mapa e a auga (que normalmente ten unha cor evidente), constrúes unha escala que funciona bastante ben. Onde habería que facer un exercicio de revisión é no traballo cos iconos, especialmente no que ten que ver coas pontes. Aquí a dispoñibilidade de iconas igual foi un condicionante, pero si que é certo que a perspectiva na que se presentan queda un pouco rara, pois están pensados para ser visualizados doutro xeito. Igual aquí tirar por algo máis conceptual (estilo o que fas entre A Guarda e Caminha) funcionaría mellor. Simplemente para que o teñas en conta de cara a vindeiros proxectos. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page