top of page

Consumo de sustancias psicoactivas en España

Unha das dificultades que me atopei con este proxecto foi a compilación de datos, pois malia que a OEDA ofrece uns informes moi detallados, tiven que realizar unha selección das principais sustancias consumidas no país. Ademais os datos proporcionados son porcentaxes, non hai a cifra concreta de consumidores, polo que neste primeiro gráfico non se pode apreciar a suma total dos consumidores de alcol, xa que o resultado sería superior ao 100%. Malia isto, penso que é interesante apreciar os datos sesgados por sexo.


Outra cuestión a destacar é o tema da cor, nun inicio a idea era empregar unha soa cor e xogar coas tonalidades, mais o certo é que o resultado era un pouco confuso xa que costaba diferenciar os diferentes tipos de sustancias por asemellarse demasiado o tono empregado. Polo tanto optei polo emprego dunha paleta de cores pastel en ambos gráficos para que a diferenciación fose notable.




https://public.flourish.studio/visualisation/16193134/ (link para ver este último gráfico coas CCAA ao completo, pois en WIX non se ven todas)


1 comentario


angel.vizoso
15 ene 2024

Sobre o de xerarquía, nada que sinalar. Tanto no terreo dos datos como no da programación hai un bo traballo e todo está a funcionar sen erros. Algo semellante acontece no de dispersión, xa que hai unha boa xestión dos datos e unha boa programación. Ademais, a nivel de cor hai unha conexión perfecta entre ambos materiais, que van na mesma liña.


O único (e pequeno) "pero" é que faltou por facer un pouco de axuste nos tamaños dos títulos e subtítulos en ambos gráficos, para tentar que non ocupen tanta porcentaxe do espazo do proxecto. Fóra diso, moi ben traballado! Noraboa!

Me gusta
bottom of page