top of page

Concelleiros represaliados na provincia da Coruña durante a guerra civil

Segundo o libro “Xeración perdida: Coruña 36” o lugar onde máis concelleiros asasinados houbo na provincia da Coruña foi Boimorto. Mais houbo numerosas formas de represión durante a guerra civil, a morte non era a única.


Neste caso céntrome nos persoeiros vinculados á política para realizar unha selección máis exclusiva e logo centrarme nos diferentes xeitos dos que foron represaliados: asasinatos, exilio, encarceramento, etc.


As dificultades ás que me enfrontei nesta práctica están relacionadas coa selección dos datos. Pois os municipios escollidos son os que contan con números de vítimas máis altos no que se refire a cada un dos tipos de represión, aínda que dentro destes houbo que realizar outra escolla para que resultase un mapa representativo ao mesmo tempo que resultase visualmente agradable.


A escolla das cores do mapa está pensada para que destaquen as iconas de cada categoría. As cores de cada icona pertencen a unha mesma paleta de cores para que, deste xeito, exista unha harmonía visual.


Hai zonas próximas nas que se superpoñen as iconas (zona de Ferrol), mais a diferenza de cores foi unha boa opción para que resulte máis sinxelo distinguilas.


Nos paneis optei por informar sobre as outras formas de represión nos municipios, pero tamén engadín unha ligazón para que, quen o desexe, poida investigar sobre a totalidade de datos ou sobre os concellos que non se inclúen no mapa.

1 comentario


angel.vizoso
04 ene 2024

Está todo perfecto, en termos de cor, de traballo co mapa de base, de programación, etc. Só hai un elemento que nos falta e que faría que o mapa xa fose un instrumento que funcionase ao 100%: os nomes das persoas que presentan cada unha desas características (exiliados, fuxidos, asasinados, encarcelados, etc.). Presentar eses contidos sobre o propio mapa xa o faría un material completísimo, independentemente de que ademais amoses ese extra de levar á audiencia á web. Simplemente por se o queres ter en conta para o futuro uso dese proxecto porque, polo demais, está excelente. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page