Como é a inmigración en España?
- analoureirosanchez1
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para a realización desta práctica decidín facer unha análise das nacionalidades que máis emigraban a España co obxectivo de descubrir se se cumprían ou non algúns dos prexuízos emitidos por determinados partidos políticos. Nesta análise decidín revisar os datos de 2019, o ano do que maior número de migrantes se ten rexistro, e 2021, último ano do que se tiña información nese momento. De maneira adicional engadíronse datos de 2018 para a comparativa con 2019. A principal dificultade desta gráfica foi a grandísima cantidade de información coa que se traballaba. No caso do mapa, recolléronse todas as cifras de todas as nacionalidades que contemplaba o INE e daquelas que non aparecían recollidas procedeuse a realizar o cálculo, restándolle ao total do continente todos os datos recollidos. Isto resultou en 201 filas de datos. Así mesmo, para os pop ups fíxose unha comparativa entre 2018, 2019 e 2021 para todos os países. Nas cores procurouse conseguir o maior contraste posible sen ter que empregar unha gama monocromática.
Para a gráfica escolleuse facer unha comparativa entre 2019 e 2021, observando un patrón nos aumentos, máis condicionado aos países europeos. Para facilitar a visión deste patrón remarcáronse as barras que contiñan estes aumentos. Situar as súas barras seguidas permite entender o aumento global (establecendo unha comparativa con outros países), ao tempo que se diferencian as cifras entre ambos anos.
A táboa conta con bastante información, pero a interactividade da lupa e dividila en páxinas de 10 filas facilita a súa visualización. Así como tamén axuda a gama cromática que remarca a diferenza entre as cifras máis altas e as máis baixas.
A táboa está ben resolta e funciona ben na relación cromática co resto de elementos.
No gráfico seguramente tocase explorar outra forma gráfica, xa que esta non acaba de funcionar ao 100% para esa comparativa. É unha comparativa, pero o feito de deixar algúns anos polo medio sen contabilizar non traslada esa comparativa por completo.
No mapa habería que axustar un chisco máis a escala de cor, pois no seu estado actual non é clara de todo. O ideal sería moverse nunha cor e de suave a intenso para que as diferenzas, por mínimas que fosen, se apreciasen mellor.