Como superar o bloqueo creativo?
- analoureirosanchez1
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Aproveitando a liberdade creativa que permitía esta práctica quixen comezar por un tema máis brando que me permitira xogar algo máis coa estética, deixando oco tamén para unha linguaxe máis fresca. Para iso, decidín facer unha infografía sobre o bloqueo creativo, procurando empregar as fontes máis "científicas" posibles e adaptar o contido ao que podería ser unha publicación dun blog dunha empresa creativa ou unha publicación para redes sociais. Esta foi tamén a inspiración da estética. Empreguei a cor amarela como un símil das lámpadas, metáfora de ter unha idea, e seguín con esa mesma liña de traballo para a distribución dos elementos, saíndo todas as partes dunha figura central que ordena a peza, como se todo saíra da mente desa personaxe protagonista. Como para min era moi importante que todas as ilustracións tiveran coherencia entre si, e para aforrar ter que buscar a maneira de acreditar as imaxes, decidín facer eu as ilustracións coa aplicación PENUP. Para ordenar aínda máis a peza empreguei unhas liñas a modo de separador, algo que se me facilitou bastante ao facer a peza en horizontal. Unha distribución que ademais resultou moi distintiva. Quizais o máis difícil foi seleccionar e condensar o texto. Decanteime por diferenciar entre unha parte de introdución (a barra amarela de abaixo) e outra de consellos (as ilustracións) e empreguei unha letra sen serifa para manter a limpeza visual. Escollín tamén destacar os títulos e algunhas palabras chave en amarelo para facilitar a lectura.
A xestión da cor é perfecta, funcionando á perfección en todo o proxecto. Das ilustracións e o resto de materiais empregados sobra dicir nada, pois están adecuados de xeito excelente ao proxecto. O único punto no que habería certa marxe para a mellora é na configuración dos textos. Ao quedar tan estreitos poden ter certa dificultade para a lectura nalgúns anacos nos bloques "Móvete" e "Cre en ti". Non é nada esaxerado, pero si que é un punto no que tocaría buscar algunha alternativa para facilitar a lectura desas pasaxes. Moi bo traballo! Noraboa!