top of page

Cinemas en Compostela



Para esta primeira entrega escollín o tema salas de cine na cidade de Santiago de Compostela. O meu obxectivo é mostrar a variedade que existe e as diferencias que hai entre elas. Para iso, na estética quixen representar unha carteleira do cine cambiando as reseñas dos distintos filmes por datos de interese como poden ser unha breve descrición do lugar, o número de salas que ten, a localización e se teñen ou non desconto para estudantes.



1 comentario


angel.vizoso
30 dic 2023

A construción de bloques é correcta, pois axuda á estruturación da peza. Iso si, faltaría retirar elementos coma ese "Infografía" do arranque, que non sería necesario. A maiores, hai moito oco na parte superior, quedando ese espazo como "morto" e sen utilizar, en contraste con todo o resto da infografía. O traballo coas cores é pertinente, pois hai un bo contraste entre todos os elementos que presentas. No relativo á xestión dos bloques que constrúes, pouco que dicir, pois tamén están ben organizados. Iso si, como puntos para a mellora, habería certa marxe para traballar algo os tamaños do texto e mesmo para algún pequeno elemento destacado dentro dos parágrafos que elaboras.

Me gusta
bottom of page