top of page

Censo poboacional en España

Para esta práctica decidín centrar a análise dos datos no censo de poboación en España. Tendo en conta isto decidín analizar dúas táboas relacionadas entre si, xa que unha conta con información detallada de habitantes por comunidade e outra de estranxeiros da Unión Europea residindo dentro do país.


Nun primeiro momento fixen o gráfico de dispersión, empregando datos do Instituto Nacional de Estatística que, como xa mencionei, estaban relacionados coa poboación que hai en cada comunidade autónoma. Decidín facer tres puntos de interese, nos que divido por total e sexo, de xeito en que se poda filtrar e encontrar o número que se quere con máis facilidade.



Estes son os datos que empreguei na tarefa e aos cales lles tiven que borrar aquelas partes relacionadas co nivel de poboación en cada provincia, xa que non era de interese para esta gráfica en particular.



Posteriormente pareceume de interese -despois de consultar moitos datos distintos e ter problemas en canto á disposición do gráfico- facer un gráfico de tipo "hierarchy", no que se especificara cantos habitantes de cada país da Unión Europea hai en España. O que se pode apreciar son as mulleres e os homes que viven en España procedentes destes países.



De novo, aquí está o bruto dos datos relacionados con esta temática e que está extraída tamén do INE. Nesta táboa só tiven en conta os relacionados coa Unión Europea, pero traía datos de diversos países estranxeiros.



A parte máis complicada deste traballo residiu sobre todo en decidir o tipo de datos que iba empregar, xa que moitas páxinas tiñan ou unha escaseza ou unha cantidade esaxerada de información para utilizar. Deste xeito, na segunda gráfica, tiven que acabar empregando dúas categorías só, porque non conseguía atopar un tipo de táboa na que se incluíran datos do meu interese e relacionados coa primeira parte.


En canto á escolla da cor, decidín empregar unha paleta que incluíra o verde como principal e despois outros que estiveran relacionados cromaticamente: azul, mostaza, etc. Deste xeito pretendía que houbera unha similitude entre ambas gráficas.




1 comentario


angel.vizoso
12 ene 2024

O traballo de dispersión está ben executado e a nivel de programación é correcto. Había certa marxe para enriquecelo un chisco máis, pero o que está presentado é correcto. Tamén está ben traballado en termos de cor e de xestión do espazo.


Onde tocaría facer un pouco de revisión é a hora de seleccionar a forma gráfica no caso da xerarquía. Como podes ver, o feito de ter tantos países lévanos a que hai sectores que son moi pequenos, sendo incluso difícil facer click sobre eles para activalos. Afortunadamente, estiveches hábil seleccionando un filtro por países, pero aínda así o Treemap ou o Radial poderían axudarche un chisco máis para o tipo de información que empregaches.

Me gusta
bottom of page