Catro décadas de radio de proximidade
- Carlos Julio González Gómez
- 25 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 2 ene 2024
O mapa localiza as diferentes emisoras de radio municipais de Galicia, tanto as que están en activo como as xa pechadas. Ademais, distingue entre as de xestión directa dos concellos e as de xestión externa e achega datos como a frecuencia de emisión, se se poden escoitar a través de internet ou a páxina web.
Entre os problemas que xurdiron, sinalar que tiven dificultades para atopar as direccións dalgunhas emisoras, polo que en varios casos me limitei a localizar o punto do mapa no municipio ao que corresponde. Outro problema tíveno coas emisoras xa pechadas, porque non tiña sentido indicar a web, por exemplo. A miña idea era incluir unha imaxe das instalacións de cada emisora, pero non foi posible atopar imaxes de moitas delas.
Algo semellante ocorreu cos logotipos das emisoras pechadas dende hai anos e que tiveron menor percorrido. A información sobre elas tomeina de libros que non incluían a imaxe do logotipo e na rede non hai nin rastro delas. Resolvín colocando o escudo de cada concello (ao seu radios municipais tampouco me pareceu que desentonase demasiado) e indicándoo debaixo.
O mapa está moi ben traballado, especialmente no relativo á construción das categorías. Seguramente se vise beneficiado de ter mudado un chisco o mapa de base, pero este aínda non funciona mal de todo para o que ofreces. Iso si, falta a autoría do proxecto. Ademais, tocaría revisar o tamaño de letra do subtítulo, tanto para aumentar a xerarquía con respecto ao título como para reducir un pouco o seu tamaño a menos das catro liñas que ten agora. Bo traballo!