Canto tardan en descompoñerse os residuos no mar?
- Marta Reguera
- 12 oct 2023
- 1 Min. de lectura
O obxectivo deste traballo é dar a coñecer, de forma moi visual, canto tardan en descompoñerse nas augas mariñas algúns dos residuos máis habituais que se atopan neste ecosistema.
En sí, non atopei demasiadas trabas para realizar a infografía. O que me costou foi elixir que poñer nos textiños de debaixo do tempo de degradación de cada obxecto por se non eran pertinentes. Tamén escoller os stickers ou imaxes que quedaran na mesma sintonía que o resto, xa que a versión básica do Canva non ten demasiados obxectos de balde, e tiña que buscalos na propia Internet, quitarlle o fondo, etc.
Pois realmente non hai moito que dicir. O traballo coas cores é excelente e a estruturación do traballo funciona tamén á perfección, especialmente pola organización que presentas viaxando dende o que menos tarda en descompoñerse ao que máis. A nivel de contido tamén está moi ben abordada e axustas perfectamente os textos para que non sexan máis da conta. Noraboa! Moi moi ben traballado!