top of page

Cales son as 20 mellores festas de Galicia?

Cantas veces nos preguntamos cales eran as mellores festas de Galicia? Esta foi a pregunta coa que comecei a elaborar esta infografía. Á hora de facela, a principal dificultade debeuse ao preto que estaban uns puntos xeográficos doutros.


Polo tema do mapa, quería marcar os puntos con imaxes, xa que, en case todos os casos, con esa imaxe xa se recoñece a festa a que lle están a facer referencia. Por iso, para que non se solapasen os puntos, decidín facer máis pequenas as propias imaxes circulares no mapa. Así, evitei case todas as solapacións.


Outras dúbidas que tiven ao elaborar esta gráfica tiveron que ver co tipo de mapa base a empregar. No meu caso, non me interesaba un mapa físico, xa que os ríos non me servían para nada, por exemplo. Por iso, nun principio, optei por un mapa base sólido, sen absolutamente nada máis que a silueta do mar. Porén, pensei que as principais vías de Galicia si que podían ser útiles, xa que é a forma de chegar a esas festas.


Por iso, finalmente decanteime por un mapa "positron", porque ademais tamén permite ver como, precisamente, as principais festas de Galicia parecen estar conectadas por esas estradas, así como ver algunha que está peor conectada. Iso si, desactivando as marcas no océano e as marcas de altitude, deixando así tan só a dos transportes. Así, e con todo o traballo feito na ventá dos datos, nos popups,... Este é o resultado. Agora só hai que ir tachando ata cubrir todas.












1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

En canto á programación e á confección do mapa, nada que dicir, pois está ben elaborado. Iso si, habería que botarlle un ollo a un par de elementos relativos aos materiais visuais. En primeiro lugar, tocaría revisar a resolución dalgunhas das imaxes das ventás emerxentes. Por exemplo, a da Festa de Palilleiras de Camariñas (Mostra do Encaixe ;) ) ten un pouco de pixelado, igual que as Carrilanas de Esteiro. Ollo con estas cousiñas cando facemos uso de imaxes, que ás veces marcan a diferenza. Ademais, tocaría revisar o tamaño da letra no subtítulo do proxecto, que é algo grande de máis, especialmente se o comparamos co título. Fóra deses dous detalles, moi bo proxecto!

Me gusta
bottom of page