Baleares encabeza as pernoctacións hoteleiras en agosto
- Carlos Julio González Gómez
- 26 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Logo de darlle voltas a diferentes temas para esta última entrega, escollín o tema turístico. Por unha banda, porque é algo que me resulta interesante e, por outra, polas dificultades que tiven para achar datos en Eurostat doutros asuntos que pensara antes.
Así pois, do Instituto Nacional de Estatística tomei datos da 'Encuesta de ocupación hotelera'. Logo de repasar os datos de todas as comunidades, escollín as principais por pernoctacións. Tomei os datos tanto dos residentes en España como dos estranxeiros que pernoctaron.
En canto a Eurostat, busquei o dato de chegadas a establecementos turísticos. De novo, quixen quedar cunha mostra dos principais países, para evitar un gráfico interminable no que se incluirían algúns con moi baixo número, o que complicaría a visualización.
En ambos os casos, os datos son de agosto deste ano, por ser o mes turístico por excelencia. Evitei facer comparacións cos últimos anos, por exemplo, pois este sector viuse moi afectado pola pandemia.
O Hierarchy comeza coa división polas principais comunidades, que dá paso aos tipos de aloxamento (hotel, apartamento e casa rural) e, logo, ao lugar de residencia do turista, sexa España ou o estranxeiro. Experimentei algunhas dificultades na configuración do gráfico e tampouco tiven moi claro que cores escoller. Finalmente, decidín tomar unha cor representativa de cada comunidade. No caso de Cataluña, Valencia e Baleares, ao compartir similitudes na bandeira, quedei cun de cada para evitar que se repetisen.
O gráfico de dispersión recolle datos sobre as chegadas de turistas a aloxamentos de dez países. Non me convenceu demasiado nun primeiro momento porque ao haber tanta diferenza entre Francia, un segundo grupo de tres países e o resto, queda moito branco. Tratei de cortar o eixe X, pero tampouco me convencía o resultado. No pop-up de cada dato incluín un gráfico de liñas coa evolución das chegadas a aloxamentos do conxunto da Unión Europea, entre xaneiro e setembro deste ano, período do que hai datos en Eurostat.
No de dispersión faltaría por axustar a cor entre o gráfico principal e o secundario. Ademais, tocaría axustar o ancho da ventá emerxente, de cara a buscar unha mellor reprodución dese gráfico secundario. Faltou tamén por cadrar o xeito de presentación das unidades, que no estado actual está con comas, para que coincida co que é habitual en galego ou español. Sinalar tamén que o gráfico vai sen autoría (igual que o de xerarquía) e que aparece "source" en lugar de fonte.
En canto ao de xerarquía, novamente faltou un axuste en termos de cor, aínda que neste caso para que fose en consonancia co de dispersión. Neste caso poderías ter optado por unha única cor e ter deixado que…