As novas fichaxes da UDSM Deiro
- Angel Martinez Bermudez
- 14 oct 2023
- 1 Min. de lectura
O principal obxectivo desta infografía é ensinar a toda a masa social do humilde club de Vilanova de Arousa, a UDSM de Deiro, as novas fichaxes que se presentan para esta tempada 23/24. Ademais, especifícase a posición, o club de procedencia, o lugar de nacemento e a idade dos xogadores, que están presentados co seu nome e a súa foto.
Este proxecto sería utilizado polo propio club nas súas redes sociais para poder coñecer máis sobre as caras novas do equipo. Nun primeiro momento pensei en incluír unha descripción máis ampla das características de cada xogador pero finalmente decidín limitarme aos datos comentados anteriormente para permitir unha lectura máis amena e menos pesada, facendo que sexa unha infografía moi visual e simple. Na elección de cores baseime nos banderíns de córner estreados esta tempada, que empregan o laranxa da camiseta cunha franxa celeste parecida á da bandeira galega.
Os principais problemas que atopei á hora de facelo foi elixir algún das imaxes para facer referencia ás características e decidir que tipo de letra poñería no titular. Esta parte da infografía é a que me deixa máis dúbidas xa que non fun capaz de elixir un modelo que me gustase ao 100%. Porén, penso que o traballo podería funcionar moi ben no seu contexto.

En primeiro lugar, sinalar que falta a túa sinatura! Lembra que o identificamos como un compoñente necesario para estes traballos e importante en termos de responsabilizarse do contido que se crea. Fóra diso, hai un bo traballo na construción dos bloques de contido. Faltaría axustar a posición dentro deles, iso si, pois non todos os aliñamentos son similares ao longo de todo o proxecto. A maiores, habería que revisar tamén o aire que hai pola parte superior e inferior da infografía que, neste caso, é un pouco excesivo, xerando dúas zonas mortas. A polo seguinte proxecto!