As nacenzas coruñesas
- mariaalejandra.barco
- 12 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Para esta práctica optei polo emprego dos datos de nacementos a nivel galego, debido á situación demográfica galega, pois contamos cunha poboación envellecida.
Os datos do INE, descargáronse dunha forma non apta para a realización da táboa e do gráfico. Polo que unha das dificultades que me atopei foi a reorganización de ditos datos para adxuntalos en Datawrapper.
A adaptación de ditos datos a cada un dos formatos tamén supuxo un obstáculo. Finalmente optei por unha comparación de nacementos dos anos 2002, 2012 e 2022 para a táboa; unha comparación de nacenzas segundo o sexo para o gráfico; e para o mapa optei por expoñer os datos máis actuais, pero reflectindo a diferenza (aumento ou descenso de nacementos).
En primeiro lugar, sinalar que faltan a fonte e a autoría en todas as pezas. Ademais, faltaría por modificar o idioma de visualización do espazo en Datawrapper, para que coincida co galego que empregas nos tres proxectos.
A táboa podería mellorar en lexibilidade cambiando o sentido de presentación dos anos. Non é un cambio imprescindible, pero si que nos axuda á lectura, pois adoitamos facelo de esquerda a dereita.
No gráfico non hai moito que sinalar, pois está ben elaborado e traballado en termos de cor.
Finalmente, no mapa, si que temos algo de problema coa cor, xa que o optar por amarelos para os datos máis baixos fai que non se distingan as fronteiras entre os concellos, que están…