top of page

As mulleres en Afganistán

O obxectivo desta infografía é amosar a situación pasada e actual das mulleres en Afganistán. Fíxena desde a perspectiva dunha asociación para dar a coñecer esta realidade e animar á xente a proporcionar axuda.


Nun primeiro momento só tiña pensado incluír as prohibicións, mais despois decidín engadir a liña do tempo, os castigos e as posibles axudas para que ofrecese máis información.


O deseño creeino desde cero e para a paleta cromática baseime no debuxo central. Para o texto en si hei de dicir que atopei os datos facilmente e o único que fixen foi resumilos e adecualos ao espazo dispoñible.


Como dificultades destacaría a escolla do tema. Tiña claro que quería facer unha infografía de temática social, mais cambiei bastante ata dar coa definitiva. Outra complicación podería ser a distribución ao non ter moi claro onde quería colocar os distintos elementos ao principio. Con todo, creo que finalmente logrei superala.










1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

De forma xeral, hai que dicir que a presentación do contido é correcta, especialmente no tocante á súa selección. Había moito material que potencialmente podía acabar nesta infografía e era complicado acertar con aquilo que entraba e co que quedaba fóra. No plano visual, habería que axustar algo máis as cores para aportar un maior contraste nalgunhas zonas. Por exemplo, onde está ese bloque de texto que comeza por "Azotes, golpizas..." tocaría revisar a cor desa icona que está como fondo, pois hai algo de dificultade nos trozos de texto que van sobre ela. Tamén habería que revisar a posición do texto nesas partes de "Situación actual", pois quedarían mellor aliñados á esquerda, completando así o espazo en vertical que…

Me gusta
bottom of page