top of page

As librerías máis fermosas de Europa

Escollín este tema porque moitas veces as librerías serven, ademais de como local comercial, como espazo para moitos outros fins culturais e comunitarios. A súa beleza é unha cuestión subxectiva, pero todas os puntos neste mapa contan cun consenso xeral e adoitan estar sempre nomeadas ao falar deste tema.


Diferenciei entre antigas e modernas referíndome ao ano de inauguración e non ao ano de construción dos edificios, xa que moitos deles albergaron outros negocios antes de convertirse nunha librería.


Unha das maiores dificultades ao facer este traballo foi decidir como categorizar os puntos, e logo escoller a información máis importante e como ensinala no pop-up (a cidade, ano, que información engadir no apartado de descripción, etc.). Escollín as iconas para cada categoría pero ao final decidín usar as fotos no mapa porque me parecían máis interesantes e de máis utilidade para o lector porque o reclamo está na beleza ou encanto dos locais.


Como había varios puntos nunha mesma cidade decidín ocultar as etiquetas que se solapaban, pero que se poden ver se o usuario explora o mapa co zoom.




1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

A xestión da cor no proxecto é boa, de xeito que creas unha liña de estilo que se aplica a todo o proxecto. Fáltanos a autoría, iso si, e tamén revisar o tamaño do subtítulo, que a nivel de xerarquía está case no nivel do título.

A maiores, habería que revisar o tamaño dos puntos sobre o mapa, xa que son tan grandes que se "comen" as etiquetas (por exemplo sucede en Atlantis Books). Tamén en termos de tamaño, a imaxe que está dentro da ventá emerxente é bastante grande, o que despraza todo o contido. Aquí reducila un chisco beneficiaría a lectura de todo o demais. En caso de querer deixala neste tamaño, outra boa opción sería a do…

Me gusta
bottom of page