Agricultura ecolóxica
- Elena M.G.
- 12 oct 2023
- 1 Min. de lectura
O obxectivo desta infografía é dar a coñecer unha suposta asociación sen ánimo de lucro que vende produtos ecolóxicos para recoller fondos. O deseño que escollín está pensado para que sexa moi visual (facilitando así a súa lectura) e que chame a atención dende un punto de vista desenfadado.
O deseño é orixinal, non empecei traballando dende unha plantilla, polo que nun primeiro momento non sabía que enfoque empregar, nin que cores. Despois dun par de probas nas que obtaba por un estilo minimalista, fun consciente de que non encaixaba coa temática e decanteime polo emprego da cor verde en distintas gradacións. A partir desta primeira escolla xa comecei a buscar outras que se complementaran ben co fondo e isto converteuse noutro dos puntos aos que máis tempo lle adiquei.
Os elementos multimedia inseridos tiveron un papel relevante á hora de rematar o deseño, xa que foron guiando a xerarquía e a distribución xeral; por outra banda, a súa colocación e aliñación foi outro dos retos aos que me enfrontei nesta tarefa.
En liñas xerais hai pouco que dicir, pois a estrutura seleccionada funciona ben, os elementos escollidos son pertinentes e a nivel de cor está moi ben elaborada. Hai un bo traballo na xerarquía dos obxectos e os textos que se colocan sobre o fondo e hai bo contraste entre eses fondos e todo o que vai sobre eles. Noraboa! Moi ben traballado!