top of page

A taxa de analfabetismo nas comarcas do Salnés, do Morrazo, de Caldas e de Pontevedra

Actualizado: 14 dic 2023

Nesta práctica decidín escoller un dos primeiros datos que atopei no IGE. Tiña pensado facer algo relacionado coa Provincia de Pontevedra mais, para facer máis cómodo o traballo, quedeime cos datos de só catro comarcas do terreo provincial. O tema escollido foi a taxa de analfabetismo, cuxos datos databan do ano 1991 e do 2001. Pese a non ter datos actuais, era un tema que me interesaba e realicei a práctica como se fora o ano 2001 e os datos acabaran de ser publicados.


Nesta práctica non me atopei ningún problema grande. Xurdiron dudas típicas sobre aspectos, estilos, cores, formatos e títulos pero penso que foron sinxelas de resolver.


Para a táboa decidín ensinar todos os datos dos 29 concellos analizados, tanto os de 1991 como os de 2001 e a súa variación. No gráfico escollín os seis que máis variación sufriron neses 10 anos e mostrei o dato de 1991, a variación e, finalmente, o dato de 2001. Por último, no mapa coroplético, onde decidín crear unha escala de cores simulando un semáforo, quedeime coa cifra de 2001 como dato principal e no cadro complementario engadín a variación sufrida no período de tempo. Para completar o traballo elaborei a media de variación e a media de analfabetos no ano 2001.



Táboa:







Gráfica:






Mapa:







1 comentario


angel.vizoso
31 dic 2023

A táboa está ben resolta e ben traballada, así que nada que dicir sobre ela. En canto ao gráfico, queda confusa esa barra de "diminución", pois realmente é o espazo que vai entre a do 1991 e a do 2001. O bo de empregar gráficos é que aforramos esa barra.


En canto ao mapa, non está funcionando demasiado ben a división por bloques. De feito, se se quere manter, o mellor sería vinculala tamén a unha escala de cor, de xeito semellante ao que facemos na escala lineal. A maiores, probablemente che compensase ocultar as rexións sen datos para que o mapa se centre nas zonas con contido. Tamén neste elemento faltaría por axustar o idioma de traballo, igual que…

Me gusta
bottom of page