A saúde mental é igual de importante que a física
- mariadocampoquelle
- 9 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A pesar de que o día 10 de outubro xa pasou, a saúde mental non ten so un día. Son moitos os prexuÍzos e tabús que seguen perseguindo a todas aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental. En moitas ocasións, os termos esquizofrenia, bipolaridade ou trastorno límite da personalidade, entre outros, son asociados a perigo, violencia ou situacións inesperadas.
No relativo a propia infografía, a silueta feminina é unha das partes que máis importancia ten. Decidín dividila en varias 'seccións' para que fose máis sinxelo abordar diferentes enfermidades. Moitas delas teñen unhas cores significativas e asignadas, como é o caso da esquizofrenia ou a bipolaridade, mais nas restantes, escollín cores que permitiran xogar cos contrastes. A distribución da información foi a parte máis complexa debido ao tamaño dado a cada enfermidade, o que complicou moito o tema das marxes, principalmente superiores e inferiores.
A idea de presentación é orixinal, aínda que é certo que ten certa complexidade (tal e como puideches ir comprobando durante a súa execución). O punto para o traballo aquí sería esa posición dos elementos e o xeito no que completamos os espazos de cor desa silueta central. Aí é menos recomendable cortar as palabras como fixeches con "ANSIE DADE", iso si. Pero pouco a pouco o proxecto foi mellorando e enriquecéndose dende o seu comezo, o cal é moi bo sinal. Ben traballado!