top of page

A saúde mental na Unión Europea antes e despois da Covid-19

A covid-19 chegou a España o 31 de xaneiro de 2020 na illa La Gomera. Dende ese intre vivimos nun non parar de restricións, confinamentos domiciliarios, toques de queda…que foron alternando en función da gravidade da situación.


Todas estas situacións límites as que nunca non enfrontaramos, tiveron un gran impacto na saúde mental da poboación. Recordemos cando se declarou o estado de alarma dende o 15 de marzo ata o 21 de xuño do 2020. O comezo ninguén podía sospeitar que tería que estar encerrado na súa casa máis de 3 meses, xa que foi un estado que se foi prolongando semanalmente.


Se ese confinamento domiciliario pareceu terrible, os meses posteirores vivimos unha situación un tanto similar. Podíamos saír a rúa sen ningún tipo de problema, pero sempre cunha serie de limitacións. Realmente moita xente considera que seguía sendo un tipo de confinamento, pero sen ser chamado domiciliario.

Analizando datos da OMS (Organización Mundial de la Salud) no ano 2016, 1 de cada 6 persoas padecía algún tipo de enfermidade mental. Esta porcentaxe aumentou considerablemente dende os últimos anos, chegando ao punto onde 1 de cada 2 persoas, é dicir, arredor dun 46% da poboación presentaba problemas na súa saúde mental, sobre todo en canto a depresión e ansiedade. Un dos principais motivos foi o Covid-19 e as situacións que nos fixo e fai vivir aínda na actualidade.


Que é unha enfermidade mental?


A enfermidade ou trastorno mental é unha alteración emocional, cognitiva e, ou condutual sostida, na que se producen procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, o comportamento, a percepción, a sensación, etc. Estes síntomas dificultan a adaptación da persoa ao medio cultural e social no que vive, o que pode provocar algún tipo de malestar subxectivo, explican os psicólogos de Santiago.

As enfermidades mentais, como calquera outra, deben ser diagnosticadas por especialistas e requiren tratamentos axeitados. Débese rematar cos prexuizos e estigmas ligados a saúde mental, ademais de darlle a importancia que teñen.

A súa orixe é «multicasual», é dicir, non proveñen de algo único oiu determinado, aseguran os profesionais. Son un conxunto de circunstancias as que provocan a súa aparición. Poden surxir de factores físicos, psicolóxicos, culturais e sociais.







Manuel Vilas, psicólogo no Hospital HM Rosaleda, amósanos dous casos que remataron igual, pero comenzaron de maneira completamente diferente.


Vilas comenta como as redes sociais son un dos factores que máis afectan as enfermidades mentais.



Imaxinemos o caso dunha persoa que sofre dunha depresión maior. Antes da pandemia recibía atención psiquiátrica e psicolóxica cada semana, obrigábase así mesma a ir a traballar, e polo tanto, a asearse, vestirse, saír da casa… Pero o 15 de marzo todo cambiou, non habería que desprazarse a traballar, xa que o que coñecíamos como traballo ata agora veríase substituído polo tele-traballo, comenta o especialista.


Esta persoa pasou de levar unha vida medianamente estable, e o máis normal que lle permitía o seu trastorno, a dedicarse “únicamente” a sobrevivir. Aínda que seguía recibindo axuda médica, non se establecen os mesmos lazos a través dunha pantalla que en persoa. Na actualidade é incapaz de volver a comportarse coma antes da pandemia. Como esta persoa, a que chamaremos X, podemos atopar mil máis.


No segundo caso, teremos a unha persoa que vive unha vida plena e feliz, e co comezo da pandemia e as súas consecuencias, comeza a caer en picado a súa estabilidade emocional. Acaba desenvolvendo un grave trastorno de ansiedade unido a unha gran fobia social. A día de hoxe non é apenas capaz de saír a rúa sen derrubarse, ten medo de estar cas persoas cas que antes compartía horas e horas, e non ten forzas para tentar recuperar a súa vida pasada.

A través de estes parágrafos o que se trata de explicar e como esta pandemia afectou a saúde mental de todos, non so das persoas que xa se atopaban enfermas, senón tamén de aquelas que levaban unha vida completamente satisfactoria.


Incluso publicáronse artigos, como foi o caso de Europa Press. Onde se explicaba como so nos 3 primeiros días do confinamento do 2020, un total de 255 persoas empregaron o teléfono gratuíto de atención psicolóxica pola Covid.


A saúde mental nos diferentes países da Unión Europea



Son suficientes os especialistas en saúde mental en Europa?






Sempre que se necesite axuda e sen ningunha excepción, débese contactar con profesionais que nos faciliten saír do bache no que nos atopamos. Máis aínda nestes últimos meses, onde é moi sinxelo que persoas xa recuperadas volvan a recaer e onde moitas outras poden acabar padecendo unha das moitas enfermidades mentais que existen.

1 comentario


angel.vizoso
24 ene 2024

O relato elaborado é bo e as formas gráficas entran a este a sumar. Iso si, abusas un pouco dos puntos suspensivos no texto ;)


En canto ás formas gráficas, tocaría facer un axuste en termos de cor, xa que cada unha delas vai un pouco polo seu camiño. O primeiro exercicio que habería que facer sería o de integralas todas dentro dunha mesma liña de cor. A maiores, habería que facer un novo esforzo de xestión da cor dentro da infografía, que ten moita variedade de cores (especialmente ao meter dentro dela un gráfico circular con máis cores aínda). No gráfico de dispersión sería máis convinte traballar con porcentaxes, xa que o irte a cifras en bruto fai que…

Me gusta
bottom of page