A Ría de Muros e Noia, o punto máis contaminado da costa galega
- Lara González
- 21 ene 2024
- 4 Min. de lectura
Analizamos a situación medioambiental estatal mediante o caso da ría de Muros e Noia
A costa galega encandea e atrae a millóns de turistas, mais o que eles non coñecen son os seus índices de contaminación. Segundo datos de Augas de Galicia, ningunha ría de Galicia está libre de vertidos; no 2021 foron detectados ao menos 265 vertidos contaminantes nas nosas augas. Na cabeza atópanse a ría de Muros e Noia e de Arousa, superándose a unha á outra segundo van pasando os anos.
Este factor da calidade da auga non é daniño so pensando nas persoas dispostas a mergullarse nas nosas rías, senón que temos que falar de algo máis grande: o marisco. A comarca de Noia vive a base do marisqueo e a pesca local, pois o produto nado na ría de Muros e Noia é tan rico que se chega a comercializar por todo o mundo. As materias primas máis recoñecidas como produto local son o berberecho, a ameixa, as vieiras... Mais a enorme contaminación que sofre, debido a factores que se explicarán a continuación, debe levar a un tratamento especial do marisco, obrigando a toda aquela persoa que se dedica á recollida de marisco, legal ou furtivamente, a depurar os seus mariscos. Parece máis fácil depurar as augas que depurar o marisco, mais o non é así: hai demasiadas causas á contaminación.
Ante estes factores, os máis recentes e destacables foron o caso dos pellets e o das Minas de San Finx. Tras a súa repercusión, principalmente en redes sociais, estas causas obtiveron moito apoio e resposta social, sendo moi criticada tamén a falta de interese dos medios. Coa necesidade de comunicar o que está a pasar, creadores de contido locais alertan da situación:
Vídeo da influencer @totakeki, mariscadora e activista da ría
Cando explotou a problemática das minas, Organizáronse protestas e manifestacións como forma de contestación por parte de confrarías, mariscadores, ecoloxistas, veciños e alcaldes dos territorios lindantes, expoñendo o grave impacto que teñen estes metais pesados no ecosistema fluvial.
As confrarías e organizacións ecoloxistas remitiron aos xulgados para denunciar ante a xustiza a situación, cun proceso aberto contra os vertidos en Noia e outro en Santiago contra os cargos públicos responsables do permiso. O grave impacto destes vertidos afecta a toda a zona da comarca de Noia, no que este non é o único problema medioambiental. Referímonos con isto ao peche inmediato e apresurado da campaña da ameixa e berberecho na ría debido á morte da maior parte de moluscos pola baixada da salinidade nas augas. Este fenómenos derivou das chuvias abundantes do verán do 2023 e das descargas dunha presa de producción eléctrica de Naturgy producida río arriba. Isto non solo repercute no produto, senón na actividade laboral: a confraría de Noia presentou un ERTE para 64 dos seus 90 traballadores neste sector.
“Isto pon en risco a toda a comarca”, protesta Santiago Cruz, patrón maior da confraría de Noia. Xunto coa confraría de Portosín, convocouse un acto de mobilización na vila de Noia en contra da situación. A protesta recibiu o apoio de asociacións ecoloxistas como Greenpeace, Verdegaia e Ecoloxistas en Acción. O patrón noiés afirma que son 5.000 as familias que dependen da ría de forma directa. Considera que “hai intereses non declarados porque ve sospeitoso que se de luz verde a unha medida que pode afectar a tantos traballadores por permitir a actividade nunha planta que daría emprego a 50 ou 70 persoas”.
Lara González Lojo
Manifestación en Noia sobre os vertidos da ría, co lema "Non á mina, si a ría".
O caso da mina non foi o único en causar enfado xeralizado. Nas últimas semanas atopáronse miles de pellets nas costas da ría muradana e noiesa, pertencentes a un cargueiro que perdeu parte da súa mercancía. Moitos expertos comparan esta situación e din que "os pellets son o novo Prestige", o que levou a activación do nivel 2 de alerta polos vertidos.
Panorama español
Non fai falta buscar máis exemplos de contaminación nas costas galegas para ver que existe un problema grave co medioambiente, mais esta contaminación afecta principalmente ás zonas marítimas. Noutras partes de España, a calidade do aire é o factor preocupante, pois a contaminación atmosférica pode chegar a aumentar o risco de infeccións respiratorias, enfermidades cardíacas, accidentes cerebrovasculares e incluso cancro de pulmón.
Os expertos dan algúns consellos para aportar o noso grán de area ante a situación: Substituir os transportes privados como o coche polo transporte público (autobuses, tren, metro...), reducir o consumo de plástico, apostar pola regra das 3 R's (reciclar, reutilizar e reducir), optimizar o consumo enerxético...
Aínda que de forma individual se leve a cabo unha colaboración co medioambiente, non podemos cargar o peso da excesiva contaminación so aos cidadáns. As principais causas de contaminación atmosférica ten que ver coa queima de combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas, que tenden a producirse principalmente nos sectores industriais, nas grandes empresas e multinacionais.
Podemos admitir que a nivel mundial, España non supón un problema fundamental en canto a emisións contaminantes ao aire, xa que España so provoca o 0,58% da contaminación mundial, atopándose no número 159 do ranking dos países por emisións de CO2, formado por 184 países.
As empresas máis contaminantes de España con emisións de CO2 son, entre outras, Repsol, Endesa, Naturgy, Cepsa, Iberdrola... Mais para ver en detalle os niveis de contaminación de España, remontámonos ao estudio do Instituto Nacional de Estadística de 2020 sobre estes problemas.


















En liñas xerais hai un moi bo traballo, tanto na parte textual como no relativo aos gráficos. O conxunto creado funciona moi ben e a aportación dos gráficos a este é tamén moi positiva. Como puntos para a mellora sinalaría só dous. En primeiro lugar, tocaría procurar un maior axuste a nivel cromático entre os tres proxectos visuais. A maiores, habería que axustar un pouco o texto (a cantidade de texto) na infografía, xa que temos bastante. Neste contido tamén podería axudar facer uso de destacados, por exemplo. Agás eses dous detalles, só queda dicir un "noraboa" ben forte por este proxecto. Bo traballo!