top of page

A Ruta da Pedra

Este traballo decidín dedicalo á promoción da Ruta da Pedra (orixinalmente creada por Roi Agromartín), un espazo web que se incluían distintas igrexas, pazos ou capelas do concello de Taboada. Para enriquecer o traballo busquei eu mesma fontes e imaxes para poder falar dun xeito equitativo de cada unha das construcións que se mencionan.


Faltan moitos lugares de interese, pero estes son algúns dos máis destacados e próximos ao propio pobo de Taboada.

As partes máis complicadas deste traballo residiron en intentar atopar a información e as imaxes precisas para poder completar os campos necesarios. En canto ao propio desenvolvemento en Flourish, o máis difícil foi crear a táboa da súa totalidade e comprender como había que xestionar cada un dos seus elementos para que o resultado acabara sendo correcto.


A escolla da cor e o deseño en si do propio mapa foron, para min, sen dúbida o máis interesante e sinxelo.

1 comentario


angel.vizoso
04 ene 2024

Está todo perfecto. Tan perfecto que a cousa que falta ata dá a risa. Ao usar o panel e non a ventá emerxente (que se activa ao pasar o rato sobre o punto) só nos falta unha indicación de que debemos facer click sobre os puntos para obter máis información. Parece unha tontería, pero necesitamos avisar á audiencia de que existe a posibilidade de coñecer máis detalles sobre cada un destes elementos ao facer esa acción. Fóra diso, todo en orde. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page