top of page

A recadación do cine español

Esta infografía reflicte os datos de recadación máis altos de películas españolas durante unha fin de semana. Interésame moito o mundo do cine e, aínda que o valor dunha obra non depende do diñeiro que consiga, si que me parece interesante poder coñecer os gustos do público a través do que escolle ver nunha sala de cine.


Comecei tendo unha idea para o deseño que ao final, segundo ía avanzando, tiven que modificar. O que si que conservei dende o principio foi a idea de poñer parte dos datos en 'tickets' para que resalten un pouco e fagan que a información non sexa tan pesada. Iso foi precisamente o que atopei máis complicado: escoller entre o gran volume de datos dispoñibles os máis relevantes para o que quería facer e logo ser capaz de amosalos dun xeito atractivo pero que non distraese. Costoume atopar unha forma de incluir todos os datos que me parecían interesantes pero que a infografía non fora moi densa.


Tamén intentei na medida do posible usar unha paleta de cores pequena aínda que segundo ía avanzando ía necesitando cambiar as cores (os seus tonos ou saturación) para resaltar unhas ou outras cousas.





1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

Hai un bo traballo coa cor. En liñas xerais hai bo contraste entre os fondos empregados e os elementos que se colocan sobre eles. Tamén no relativo ao traballo coa cor no texto. Onde habería certa marxe para a revisión sería na posición de elementos como esa aclaración das datas nas que está collida a información. Este elemento sería máis eficaz presentado a carón dese texto que nos fala de que "Estas son as producións...", xa que fai referencia a ese feito. A maiores, esas aclaracións que hai na esquina superior dereita e na inferior esquerda habería que revisalas. A que vai arriba case podería eliminarse, deixando así un pouco máis de osíxeno no proxecto. A da parte baixa igual…

Me gusta
bottom of page