top of page

A presencia dos Brais nas nosas comarcas

De primeiras non se me ocurría un tema que me interesase e non fose o típico sobre a evolución da renta, polo que se me ocurriu buscar a frecuenccia do nome Brais en Galicia.


Como decidín facelo por comarcas tiven que sacar eu os datos de forma independente sumando todas as localidades galegas e agrupándoas. Despois tiven un erro moi grande, non gardar previamente o excel e borráronseme todos os datos polo que tiven que repetilos.


A hora de realizar as infografías creo que foi máis sinxelo e os erros que ía realizando solucionábaos tratando de investigar pola miña conta na plataforma. Pese a isto, Datawrapper deume varios problemas, sobre todo á hora de pegar os datos do excel, pois tiven que repetir este paso en repetidas ocasións pois non collía ben o formato.





Despois tiven bastante claro os tipos de gráficos que podían funcionarme ben, mais o maior problema foi a selección da paleta de cores que elexín para que os 3 gráficos tivesen un sentido cromático. Estes foron os resultados:






1 comentario


angel.vizoso
02 ene 2024

En primeiro lugar, sinalar que faltaría un axuste extra en termos de cor, para que os tres materiais fosen na mesma liña. A táboa está correcta e ben executada, aínda que con esa precisión da cor que sinalaba antes. Acontece algo similar co gráfico, onde tamén hai un bo traballo, aínda que faltaría ese axuste en termos de cor.


En canto ao mapa, hai unha boa execución da escala de cor e tamén unha boa edición da ventá emerxente. Si que é certo que hai oco para unha maior complexidade neste espazo, pero o presentado está correcto. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page