top of page

A evolución das bibliotecas españolas entre o 2000 e o 2018

A evolución do número de bibliotecas en España foi o tema que escollín para a realización desta práctica. Isto viuse motivado pola miña curiosidade por saber de que maneira estaba afectando a dixitalización da sociedade a este sector. Evidentemente, para comprender esta situación habería que facer unha análise moito máis extensa e estudar os motivos de cada caso particular, mais con estas infografías podemos facernos unha breve idea. Para realizalas traballei cunha táboa de datos do INE, e a pesar de que na plataforma estaban dispoñibles os datos dende 1990 optei por traballar cos de este século. Ademais, a pesar de descargalos todos decidinme finalmente a facer unha comparativa do ano 2000 co ano 2018 (últimos datos dispoñibles) para entender como mudou a situación.


Datos descargados do INE



Datos utilizados para a realización da práctica


Respecto ás dificultades que me atopei na realización da práctica destacaría máis as ocasionadas ao traballar co Excel que coa ferramenta de Datawrapper, xa que me interesa moito máis toda a parte estética que a parte dos datos. Destacaría como error principal o non limpar a táboa no primeiro programa para cada gráfico, polo que logo tiña máis traballo posterior en Datawrapper. Ademais, non recordaba como se calculaba rápidamente no Excel os habitantes por biblioteca, polo que tiven que investigalo.

Respecto á parte visual, optei polas cores cálidas fundamentalmente porque me parecía que axudaban máis á comprensión do mapa coroplético.





1 comentario


angel.vizoso
02 ene 2024

A nivel de cor e de xestión dos datos hai un bo traballo. Ademais, a forma gráfica seleccionada para o gráfico é correcta e funciona correctamente. O único punto no que sería necesaria a revisión sería na forma de presentar as columnas de "habitantes x biblioteca". Para que non pareza que figura "2018 habitantes por biblioteca" igual é mellor poñer "hab x biblioteca (2018)". É un detalliño de nada, pero de utilidade para que nos quede ao 100%. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page