A diferenza salarial en España e en Europa
- Marta Reguera
- 24 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 13 ene 2024
Para esta práctica, fixen dous gráficos diferentes pero cunha mesma temática: o salario nos distintos lugares.
Para o gráfico “Scatter”, escollín o de salario bruto nas distintas comunidades autónomas españolas, así coma o total nacional que se pode ver arriba. Neste non tiven apenas problemas, o difícil era atopar o que expoñer e, como me gusta a economía, tíveno bastante fácil. As cores son dunha tonalidade que podemos denominar coma “cor viño” que contrasta ben co fondo pero sen chamar demasiado a atención (o header do popup é desta tonalidade). Tamén puxen un fondo que me parecía axeitado para o tema, pero sen ser demasiado distractor. Diferenciei na información o de xornada completa e xornada parcial, para encher a info do popup. A verdade é que non puxen ningunha táboa dentro del porque non me gustaba a idea de que todos tivesen a mesma, e pór unha para cada unha sería moi tedioso.
Por outra parte, no gráfico “Hierarchy” sí que tiven máis problemas. Fixen unha sobre o “risco de pobreza segundo o nivel de estudos educativos”, que me parecía que podía quedar moi completa. Ao finalizala, dinme conta de que os valores finais estaban en porcentaxe e non en valores absolutos. Busquei opcións de arreglala porque non me gustaba a idea de ter que empezar de novo, pero foi imposible; serían demasiadas contas matemáticas e a probabilidade de cometer un erro no procedemento eran moi altas.
Entón, cambiei de tema a “salario medio nos distintos países europeos”. Con cinco exemplos de países (para min, os máis relevantes) expuxen a diferencia salarial destas nacións primeiro en función do sexo e depois en función da idade (maiores ou menores de 60 anos). A busca de información foi moi complexa, xa que quería un tema de interese e este xustamente ten moitas cifras diferentes en función de onde busques a información. Despois de buscar en diferentes portais estatísticos europeos (inee.fr, pordata…) decidín darlle outra oportunidade a Eurostat, xa que aí manterían o mesmo sistema de avaliación (en Portugal e Francia puñan os datos en neto, en España en bruto, etc.). Sobre a execución pouco teño que dicir, penso que é bastante representativo (tamén tiven que realizar contas matemáticas). Escollín 5 cores ben diferenciadas e o popup penso que contén información de relevancia.
Perdoa, que se me quedou atrás esta práctica túa sen corrixir. Realmente hai pouco que revisar, xa que ambos materiais están ben traballados no terreo dos datos e ben executados no relativo á programación. Como axustes que serían necesarios estarían uns pouquiños, pero pequenos. Habería que axustar o formato de presentación das unidades, no que temos variación ao longo dos proxectos e entre os eixes e as ventás emerxentes. A maiores, tocaría revisar ese "All" do gráfico de xerarquía. Por último, tamén nese gráfico de xerarquía, sería pertinente retirar as lendas de cor, xa que temos esa información dentro dos propios sectores do sunburst. Moi bo traballo!