top of page

A cultura a través dos países

Os datos utilizados para a realización desta práctica foron extraídos en primeiro lugar do Anuario Nacional de estadísticas culturales 2023, tratándose concretamente do investimento en cultura de cada Administración Autonómica nos anos 2017, 2018 e 2019. Debido ao formato do arquivo foime máis sinxelo pegar estes datos directamente en Flourish para a realización da infografía, ao non tratarse dunha tabla que puidese descargar e modificar.


En segundo lugar, traballei con datos de Eurostat, concretamente relacionados coa participación cultural en tres países Europeos (Italia, Francia e Reino Unido) no ano 2015. E este foi o resultado obtido deste arquivo:


Para a realización desta práctica optei no caso Europeo por centrarme no sector das mulleres e máis concretamente en dous rangos de idade, xa que ao ter varias categorías na frecuencia consideraba que senón tería que traballar cun conxunto de datos demasiado grande.

Respecto á maior dificultade que atopei foi a de insertar o pop-up cunha gráfica na primeira infografía que non fun capaz de facelo, polo que finalmente non o incluín. Por sorte, non tiven maiores dificultades nin no traballo cos datos nin na estética, que intentei que fose semellante en ambas gráficas, coas cores como fío conductor.




1 comentario


angel.vizoso
15 ene 2024

En primeiro lugar, sinalar que faltan por axustar eses "source" do pé dos gráficos e o "all" do menú do gráfico de xerarquía.


A nivel de cor hai unha boa xestión entre os dous proxectos, igual que no terreo dos datos. No de dispersión habería certa marxe para enriquecelo máis, pero o presentado é correcto. Finalmente, sinalar que na ventá emerxente do de xerarquía é mellor poñer "1.9%" ca "Porcentaxe: 1.9", xa que así facilitamos a lectura.


Me gusta
bottom of page