A búsqueda da igualdade na industria musica: detrás e encima do escenario
- irenegonzalezlopez
- 25 ene 2024
- 3 Min. de lectura
Detrás do escenario

A industria musical sostense por uns cimientos formados por todo aquelo que non se ve, polos que están detrás do escenario concerto a concerto facendo que todo funcione. Mais esta, como moitas outras, non está exenta do techo de cristal., xa que segundo a Unión Fonográfica Independente, só un 14% das compañías independentes están dirixidas por mulleres.
Para visibilizar esta situación, xorden en España múltiples iniciativas que agrupan ás mulleres traballadoras desta industria, e así como visibilizan a súa labor e as dificultades que atravesan. Un exemplo disto é a Asociación MIM, que mediante as súas redes sociais e estudios anuais consiguen poñer o foco sobre esta cuestión, e puntualizando temas como que as mulleres deste ámbito teñen maior formación especializada, así como que o 86% atoparon barreiras para a contratación.

Sobre o escenario
A presenza de artistas femininas sobre o escenario non é probablemente chamativa para ninguén, pois levamos décadas vendo a múltiples mulleres ser iconos da música, tanto nacional coma internacional. É doado que esta representación leve a unha falsa sensación de paridade conseguida fai anos, máis esto non é así. Se nos paramos a reflexionar, probablemente todos poidamos dicir rapidamente nomes de vocalistas e intérpretes, mais non é tan sinxelo para moita xente nomear a unha guitarrista, batería ou demais instrumentistas.
Nos últimos anos, estamos asistindo a unha modificación progresiva desta situación, gracias a nomes de bandas como Hinds, Ginebras, Shego, Melenas… nas que todas as súas integrantes son mulleres, servindo así de inspiración para moitas nenas que probablemente nunca se plantexaran a idea de que elas podían acceder a estes postos por non sentirse representadas. Máis non é correcto falar destes grupos como algo novidoso, xa que estaríamos invisibilizando a todas as pioneiras que levan anos loitando por mudar esta situación. Esta práctica de falar das bandas integradas por mulleres como algo contemporáneo é moi común na prensa, incluso na especializada, polo que é necesario facer un exercicio de reflexión e autocrítica para darse de conta da responsabilidade destas palabras.
A pesar destes avances, segue habendo moitos erros que solventar como empregar o termo “bandas femininas” para referirse a estas, xa que nunca se emprega o contrario para referirse aos grupos compostos exclusivamente de homes, dando a entender desta forma que esta debe ser a norma. É entendible que se mencione nun contexto no que se está falando da relevancia para a loita contra a desigualdade da existencia destes grupos, mais non como norma xeral.
Outra situación habitual é a reivindicación das súas capacidades á que se ven sometidas as intérpretes, tendo que demostrar constantemente que merecen estar onde están. Ademais, son habitualmente sometidas a preguntas sobre este tema en entrevistas, o que é novamente relevante, máis mentres non que se deixe de lado o musical. Desta situación falaba recentemente Raquel Pola, baxista de Ginebras nunha entrevista para El Mundo: “Somos feministas y del colectivo, pero no por ello hemos compuesto canciones que hablen específicamente de eso. Que hablemos de ello desde la cotidianidad nos hemos dado cuenta de que ayuda más". Engadindo ademáis que, “por fin han dejado en prensa de preguntarnos qué significa ser mujer en el mundo de la música, ya tocaba. Hay que seguir hablando de nuestras experiencias, pero desde perspectivas menos obvias.”
“Por fin han dejado en prensa de preguntarnos qué significa ser mujer en el mundo de la música, ya tocaba”. Raquel Pola, Ginebras
A pesar destes evidentes avances, son moitos os festivais do país nos que brillan pola súa ausencia as mulleres ou nos que a súa presencia supón unha porcentaxe mínima. Tal e como recolle un estudio realizado pola asociación “Mujeres y Música” no que analizan a presencia feminina nos festivais do ano 2019, a maioría suspenden en materia de igualdade. Con cifras rechamantes como que o Viña Rock só programe a dúas bandas de mulleres e 3 solistas dos 92 presentes no cartel.
Estes feitos indignan a gran parte da comunidade artística e son moitas as que se pronuncian, como Christina Rosenvinge nunha entrevista para elDiario.es: “ Un festival que no programe mujeres no debería tener financiación pública”. Ademais, hai que ter en conta que segundo o artigo 26 da lei de igualdade efectiva entre homes e mulleres establécese que as autoridades públicas deben “velar por hacer efectivo el principio de igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en todo lo concerniente a la creación y producción artística e intelectual y a la difusión de la misma”.
Polo que, seguiremos agardando espectantes a transformación dunha industria cun transfondo que non é igualitario nin detrás do escenario, nin debaixo nin enriba de él.
A construción do texto é boa e o traballo de xestión da información e dos datos tamén. Hai unha boa liña de estilo, que consegues manter en boa medida ao longo dos tres proxectos visuais. Como puntos para a mellora, faltaría axustar o idioma dalgúns dos botóns, coma o "All" do gráfico de xerarquía. A maiores, tocaría revisar o formato das unidades no mapa, pois preséntalos con apóstrofe ('). Finalmente, habería que reconfigurar un chisco a infografía, xa que temos moito peso nese detalle da primeira metade (que é máis decorativo que informativo). Con todo, hai un moi bo traballo de xestión da información. Noraboa!