7 consellos para falar en público
- nunomiguelalonso
- 11 oct 2023
- 1 Min. de lectura
O obxectivo da infografía é o de trasladar 7 consellos relativos á interacción coa audiencia e á transmisión da mensaxe cando se fala en público. Decidín dedicar a metade superior das celdas a consellos vencellados coa relación entre emisor e receptor e a metade inferior a propostas referentes as aptitudes do 'speaker' e a estrutura do discurso.
As maiores dificultades á hora de elaborar a infografía foi a de cubrir con información (xa sexa texto ou imaxe) todo o espazo posible e lograr que as imaxes se integrasen correctamente dentro dos parágrafos do texto.
En xeral hai unha boa estrutura, que rompe co común, e tamén unha boa xestión da cor. Onde tocaría facer un esforzo é na presentación dos textos, xa que aínda teñen ese toque de como se faría nun documento escrito. Aquí hai marxe para xogar coa cor, os destacados, os tamaños, etc. Aí sería onde podería medrar un chisco máis este traballo, especialmente en puntos como o bloque de "Coñece a túa audiencia", onde temos un exceso de aire entre as diferentes liñas.
Polo demais, hai unha moi boa selección da información. Neste traballo, igual que acontecía noutros, había certo risco de pasarse de letra, pero non sucede. A polo seguinte!