5 claves para combatir a un cuñado
- Marta Tiago

- 15 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Co gallo de inicio da terceira tempada do pódcast Cristais de Meraki, pareceume interesante realizar unha infografía a modo de resumo dalgúns temas tratados na anterior. Por esa razón, seguindo a liña próxima e intimista da propia marca, “ofrécense claves” para combatir a un cuñado.
Nun primeiro momento mostreime insegura ante a miña propia idea. Sentía que non era unha temática apropiada para un traballo da universidade, pero, por que sempre temos que ser as mulleres tan correctas? En definitiva, o obxectivo desta infografía é expor dun xeito atractivo, pero á súa vez sinxelo, o resume dos 5 capítulos nos que se entrevistaron a personalidades galegas.
A linguaxe empregada é escollida a conciencia. O sarcasmo propio da cultura galega foi elaborada minuciosamente. Con todo, baixo unha proposta visualmente “inocente”, escóndese unha mensaxe de loita ben clara: a liberdade de ser quen eres falando no idioma que queres. Algo que resume a esencia do propio pódcast.
A gama cromática escolleuse seguindo a cor corporativa da marca, o morado (#BAA2FF), empregado no título da infografía. Un golpe de vista tanto pola cor como por unha mensaxe pouco convencional. O outro impacto vén da man dos títulos dos capítulos, “os cristais”, subliñados en amarelo (ff5ffc). Con esta decisión, ligada coas imaxes nun tamaño proporcionadamente grande, prétendese chamar a atención da persoa lectora no nome e nas caras das entrevistadas, pretendendo espertar curiosidade e escoitar o capítulo correspondente.
En xeral está moi ben elaborada. O traballo coas cores é moi bo. Ademais de ir vinculado á propia estética da iniciativa, funciona perfectamente en termos de contraste, sendo perfectamente lexibles e visibles todos os elementos. A estrutura tamén está ben executada, sendo posible identificar todos os bloques para cada unha das ideas e mulleres protagonistas. O único punto no que seguramente habería oco para a revisión e o enriquecemento do material sería a través do hipertexto, podendo levarnos a cada un dos programas aos que se fai referencia. Fóra dese detalle, pouco que dicir. Moi ben traballado! Noraboa!