4 cruceiros imprescindibles
- irenegonzalezlopez
- 28 oct 2023
- 1 Min. de lectura
O obxectivo desta infografía é resumir a diversa oferta de cruceiros ofrecida por unha empresa do sector do turismo, máis concretamente da axencia Halcón Viajes.
Nun principio, pensara en facelo de forma máis xeral comparando distintos destinos turísticos, mais explorando a web decanteime finalmente por este medio de transporte porque considerei que os mapas que ofrecían e os elementos náuticos podían quedar vistosos.
Durante a realización da práctica, a maior dificultade coa que me atopei foi a de conseguir que todos os elementos quedasen o máis proporcionados posible, máis non sendo capaz ás veces de que fosen todos os marcos iguales.
Ademais, non quería cargala moito de texto, polo que decidín apoiarme en motivos gráficos como as imaxes ou as iconas de barco con diferentes tamaños para comparar os prezos.
Está moi ben executada en case todos os terreos. A selección de cores é moi boa e funciona á perfección, hai unha boa organización e hai tamén un bo traballo de xerarquía entre os elementos. O único punto no que sinalaría potencial para a mellora é dentro de cada un deses cadros, na parte de texto. Aí habería marxe para destacar esas ideas e eses datos que aportas para cada un dos cruceiros, aproveitando mellor o espazo dispoñible. Fóra dese pequeno detalle, moi ben traballado!