Únete á Orquestra Clásica de Valga!
- luciaortigueira
- 5 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 5 nov 2022
Co propósito de crear unha infografía para atraer a músicos e músicas á orquestra do meu municipio, a miña idea inicial baseábase no emprego de iconas e números que indicasen os requisitos a cumprir e as prazas dispoñibles. Finalmente decidín engadir un pequeno parágrafo contextual, e o cambio máis relevante foi que, para amosar as vacantes libres, a solución foi representar visualmente a propia formación musical en lugar de botar man de datos numéricos. Quizáis o máis complexo fose condensar a información nas marxes, conseguir o equilibrio entre os elementos e atopar unha gama de cores ben compensada.
En liñas xerais hai unha boa disposición dos elementos. Faltaría por axustar a distancia entre algúns dos bloques, que non é semellante para algúns que estarían no mesmo rango. Por exemplo, entre "Dispostos a aprender" e a tira de iconas hai un espazo diferente ca entre estas e "Probas do 3 ao 9...".
A nivel de cores hai un bo traballo, pois a gama elixida funciona á perfección. En canto aos elementos, igual habería que "renegociar" a función desas iconas. Aínda que parecen ter a función de amosarnos que a cousa vai de música e que se pasa ben, van un pouco desconectadas do estilo ou a liña de contexto que viña traendo o traballo, moi relacionada coa parte musical.