top of page

Visitas obrigadas na provincia de A Coruña

A provincia de A Coruña está caracterizada pola riqueza que presenta o seu territorio. Neste mapa busquei a maneira de representar nel todo aquilo que debería ser de visita obrigada por calquera persoa que se acerque á provincia, ou tamén para as persoas que vivan nela pero non coñezan todos os lugares marcados. Para facelo de maneira máis sinxela á hora da visualización, repartín os puntos en catro categorías: praias, espazos naturais, monumentos e restaurantes. Intentei poñer un pouco de todo, de forma ordenada, para que a posible visita fose completa.


En canto a realización da práctica, entrei nun bucle de inconformismo e tiven que repetila tres veces. Cambiei o tema dúas veces porque non acababa de convencerme o resultado ata que conseguín o mapa final. Tiven que axustar bastantes aspectos porque buscaba que a visualización das iconas e o mapa en xeral fose o máis limpa e vistosa posible. Nos “pop up” puxen a información que considero necesaria para calquera persoa que non coñeza os espazos e decida visitalos polo seu propio pe sen axuda de terceiros (guías turísticas, por exemplo). Por último, durante todo o traballo os enlaces da “Ubicación” non funcionaban e vou probar se agora, unha vez publicado, funcionan finalmente.






1 comentario


Moi bo traballo! Está ben programado, o menú das categorías funciona á perfección e os materiais visuais utilizados están tamén ben integrados. O contido é pertinente e tan só se podería mellorar na súa presentación en cousas moi pequenas como un subliñado algo longo que temos na Praia do Osmo e nalgúns outros puntos, que igual se podería destacar con negra para non introducir un código máis na lectura deste elemento. Fóra dese detalle case insignificante, só queda dicir noraboa!!

Me gusta
bottom of page