Violencia de xénero en España e Europa
- Elsa Blanco
- 26 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 13 ene 2023
Nesta práctica decidín relizar dous gráficos sobre a evolución da violencia de xénero en España, dividido en comunidades autónomas; e os tipos de violencia de xénero en Europa (física, psicolóxica ou ambas). No caso de España, a evolución por comunidade autónoma vai desde 2017 ata 2022, sendo o gráfico principal os casos deste último ano. No gráfico de Europa, os casos van en porcentaxe e, tamén, son de 2022 (actualizado por última vez en novembro). Os datos dos dous gráficos son de fontes oficiais. O de España é do Instituto Nacional de Estadística e o de Europa de Eurostat.
O principal problema co que me atopei foi no gráfico de dispersión, xa que non era capaz de poñer os datos en porcentaxe e a selección das cores, aínda que representativa do tema, costoume escollela. No caso do gráfico de puntos, o maior problema é que nos gráficos de cada comunidade autónoma non me deixa mostrar os datos. Os dous gráficos levan unha cor representativa do tema: o violeta.
O gráfico de dispersión está correcto no terreo dos datos. No relativo á programación habería que facer un axuste no gráfico que vai no popup, facendo que se amosasen as etiquetas en todo momento para así coñecer os datos exactos da evolución do número de vítimas nos anos abordados. Polo demais non se aprecian erros de programación ou fallos de funcionamento. Ben traballado!
No de xerarquía non se aprecian problemas de programación, pero si que hai unha confusión no terreo dos datos. Por exemplo, para Austria aparece a cifra de 40,1 vítimas e non se especifica que sexan centos ou milleiros. Así pois, non pode haber 40,1 persoas que sexan vítimas de algo, pois non podemos ter un 0,1 de…