top of page

Universo Cinematográfico Marvel

Con motivo do comezo da Fase 5 do Universo Cinematográfico Marvel, a intención desta infografía é proporcionar ao público fan unha guía que inclúa as novas entregas audiovisuais deste mundo de ciencia ficción. Desta maneira, amplíase o coñecido como Universo Cinematográfico Marvel coas series e películas estrenadas entre o 2021 e o 2022 e que forman parte de dita fase.


A infografía foi realizada con Canva, unha plataforma que xa empreguei anteriomente para outros traballos e proxectos e que, polo tanto, non me supuxo moita complicación o seu uso. Non obstante, quizáis onde si tiven máis dificultades foi á hora de establecer o deseño da infografía, pois nun primeiro momento como que xa tiña unha imaxe mental ao respecto, pero a medida que comecei a elaborala fun vendo que adaptar a miña idea á realidade era máis complicado. Para chegar ao resultado actual tiven que darlle bastantes voltas ao deseño "orixinal", de maneira que agora xa non se parece en nada, pero considero que o resultado final obtido é moito mellor do que tiña en mente nun principio.




1 comentario


Este era un reto moi complexo, pois había que trasladar unha información que ten unha cronoloxía na súa propia narrativa que non coincide coa cronoloxía ou a difusión de cada un dos elementos no mundo real (o seu ano de estrea). Está bastante ben conseguida, aínda que quedarían uns cantos axustes por facer que poderían axudarche a presentar os elementos de forma máis clara.


En primeiro lugar, creo que poderías facer uso de liña e media ou dúas de subtítulo a modo de explicación, para que calquera persoa que chegue a este traballo sepa con claridade o que vai ver (películas e series que teñen unha orde dentro da narrativa de Marvel).


No terreo das cores, tocaría baixarlle un pouco…


Me gusta
bottom of page