Unha viaxe polos espazos máis recónditos de Santa Comba
- iriafernandezcalvo
- 8 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Santa Comba é un concello coruñés localizado na comarca do Xallas, preto da Costa da Morte. Todo o mundo que sepa algo deste municipio coñece lugares de interese como poden ser a fervenza de Castriz ou a praia fluvial de Esmorode. Así e todo, esta localidade esconde destinos recónditos e ignotos para moitas persoas. Por exemplo, seguro que hai quen descoñeza que o río Barcala, que dá nome á comarca que acolle os municipios da Baña e de Negreira, nace na capital do Xallas.
Este mapa non só inclúe zonas puramente naturais, senón que tamén mostra antigas construcións, como o castro do Hospital ou o cruceiro de Fontecada. Do mesmo xeito, engadíronse enclaves como a mina de Varilongo pola súa importancia histórica e os dous aeródromos presentes no concello. O importante do asunto é que, en tódolos casos, os puntos destacados ubícanse no rural de Santa Comba, rodeados de natureza.
Durante a realización desta práctica, o máis difícil foi atopar información sobre os lugares seleccionados. Ademais, xurdíronme dúbidas á hora de incluír, precisamente, os espazos que non eran puramente naturais. Pero, pola súa ubicación en zonas rurais ou directamente no monte, acabeinas introducindo no mapa.
Medio punto menos por non facelo dos locais de festa en Santa Comba, pero todos os puntos máis polo ben executado que está este. Ben de contido e ben no terreo visual. A programación é boa e os materiais visuais empregados teñen boa calidade. O único elemento que nos faltaría sería a autoría, pois sempre sería agradable saber quen está detrás deste bo mapa! Noraboa!