Unha realidade oculta: a privación cultural por falta de recursos
- Eva Fernández Prieto

- 4 nov 2022
- 2 Min. de lectura
Ao comezar a traballar nesta práctica buscaba datos relativos á asistencia a espectáculos culturais en España. Na procura deses datos atopei uns que indicaban a porcentaxe de persoas que non foran a espectáculos en directo porque non o podían permitir por falta de recursos. Por tanto, escollín ese tema, xa que pareceume interesante e pouco tratado habitualmente.
Para que os tres materiais (catro xunto ao mapa de burbullas) foran distintos tiven que pasar algo máis de tempo pensando en dárlle unha volta aos datos, xa que só dispoñia dos referentes ao ano 2015 e non contaba con moitas outras variables similares aos que comparalos.
En primeiro lugar, na táboa, representei as cinco comunidades bañadas polo Mediterráneo segundo a privación cultural, xa que era unha zona onde se concentraba un alto porcentaxe de persoas que non tiñan recursos para acceder a estes eventos culturais. Nesta peza non tiven excesivo problema.
En canto ao mapa coroplético, quedei bastante satisfeita co resultado final. No comentario, ao pasar por riba de cada comunidade autónoma, engadín a porcentaxe das persoas que asistiran tres veces ou menos ao ano a espectáculos en directo, xa que este era un factor comparable aos que non puideran acudir.
No gráfico, optei por representar a privación cultural nas dez comunidades menos poboadas de España. Nesta peza pasei máis tempo co tema das cores, xa que introducín unha a unha por cada comunidade para representar un degradado na tonalidade.
En contraposición ao gráfico, elaborei o mapa de burbullas cos datos das comunidades máis poboadas de España. Escollera as dez primeiras, pero o dato de Canarias non aparece no mapa porque Datawrapper non o amosa, descoñezo o motivo.
A continuación preséntanse as catro pezas e os datos orixinais do Instituto Nacional de Estadística (INE) e os correspondentes procesados.
Pois realmente non teño nada que dicir. A cor está ben traballada entre os tres materiais, así como os datos. A forma gráfica elixida é pertinente para os datos dispoñibles e para o que se quere trasladar deles. Ademais, dentro do mapa hai unha moi boa edición da ventá emerxente e tamén hai un moi bo traballo de personalización nos titulares e subtítulos
Só me queda dicir un NORABOA ben forte e nada máis! Moi ben traballado!