Unha ollada á gandería caprina en España e Galicia
- Nico Pose

- 17 ene 2023
- 3 Min. de lectura
Estereotípicamente asociase a Galicia coas cabras, pero realmente este tópico é certo? Nesta panorámica sobre este tipo de gandería en España amósase que, en Galicia, a presencia destes animais é mais ben escasa se a comparamos con outras comunidades españolas.

As cabras son un estereotipo que se asocia a Galicia, relacionando a estes animais con prexuízos despectivos ao mundo rural na nosa comunidade. Aínda que a gandería ten un peso relativamente grande na economía galega e a rexión é coñecida por diversos productos cárnicos, como poden ser a Indicación Xeográfica Protexida "Tenreira Galega" ou a Feira do Cocido de Lalín (Feira de interese turístico internacional); as explotacións relacionadas coas cabras non rematan de triunfar nesta rexión.
Segundo o Censo Agrario do INE, en España existen 29.155 explotacións de gando caprino, porén, só 3.117 atópanse en Galicia e o seu número descendeu nos últimos anos, mentres que sí que triunfan e proliferan ao sur da península. A única excepción ao norte de Madrid podería ser Aragón, que sí aumentou as súas explotacións nos últimos anos.
En xeral, as explotacións españolas son extensivas ou semiextensivas, aproveitando terreos máis ben áridos de forraxeo, polo que parece lóxico que este tipo de gandería se desenvolva máis no sur, zonas máis secas e con maior tradición latifundista, onde as cabras poden disfrutar dos pastos fóra das industrias animais intensivas ás que se somenten outros animais máis comúns como as vacas, porcos ou polos.
Con todo, dentro da Unión Europea, España é dos principais países en gando caprino, por detrás de Grecia en produción de carne e por detrás dos gregos e de Francia na de leite.
Resulta curioso o caso canario, onda a cabra é, sorprendentemente, un animal moi extendido no arquipélago, que mesmo conta con varias razas propias derivadas das traídas polos primeiros colonizadores africanos que poboaron as illas. A través do cruce de exemplares, as razas orixinais remataron por evolucionar a tres: a palmeira, a tinerfeña e a "majorera". Estas "cabras canarias" séguense a utilizar para a elaboración de únicos tanto artesanais como industriais propios das "illas afortunadas". Especialmente queixos, aínda que se aproveitan a carne a pel e, incluso, os ósos.
Nunha ollada máis próxima a Galicia, as 38.675 cabezas de gando caprino que hai na nosa comunidade atópanse bastante repartidas entre todos os concellos e non existen grandes concentracións, sendo A Estrada e Viana do Bolo os dous únicos concellos de toda Galicia que superan os 5.000 animaos deste tipo de gando no seu territorio e habendo tan só unha vintena de entidades locais carentes, totalmente, de caprinos.
Consumo de carne
Por outra parte, en España o consumo de carne continúa nunha lixeira tendencia á baixa, tal e como reflexa o Informe do consumo alimentario en España publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Neste informe, a carne de cabra consegue un escaso quilo de carne per cápita debido, principalmente á suba dos prezos, que afectou tamén ao resto de alimentos cárnicos e á cesta da compra en xeral. Porén a carne de cabra sufre especialmente esta suba ao tratarse dun produto lixeiramente máis caro en comparación ao polo ou ao porco, os tipos de carne máis populares na dieta dos españois. Segundo o informe ministerial, o gasto que realiza cada persoa na carne caprina é duns 13'69 € ao ano.
O consumidor máis habitual de carne é a parella adulta sen fillos, seguida daquelas parellas con fillos adultos. Así mesmo, a compra de carne é máis alta con persoas máis maiores, sobre todo a partir dos 45 anos.
Galicia atópase un pouco por enriba da media española, cuns 44'51 Kg de carne per cápita ao ano. Castilla e León é a comunidade que máis carne merca, con 52'22 Kg, e no caso contrario atópase Extremadura, con 38'03; unha diferenza de case 6 quilos e medio entre as dúas comunidades.
Fontes:
Hai unha boa redacción e un bo relato. As formas gráficas son pertinentes e están ben traballadas. No mapa de Datawrapper faltaría facer un chisco máis clara e progresiva a escala de cor, pois vai a pequenos saltos. Polo demais, o resto de elementos están perfectamente executados, especialmente esa infografía final, que está moi ben resolta. Ben traballado!