top of page

Un plato de comida contra a pobreza infantil

O 31,5% das familias españolas non contan cun presuposto que garantice unhas condicións de vida dignas, segundo datos de Cáritas


Fonte: RTVE


España, ao igual que outros países do mundo, experimentou nos últimos meses un considerable aumento dos prezos e valores de produtos básicos ou bens de primeira necesidade, dificultando as condicións de vida de miles de fogares.


Isto se traduce, de xeito máis concreto, nunha gran depreciación da calidade de vida de moitos nenos e nenas arredor de todo país.

Segundo Save the Children, un 28,9% dos menores de 18 anos en España atópase en situación de pobreza ou exclusión social, chegando a cifras de 2.379.000 nenos e situando a pobreza infantil cunha taxa superior á de pobreza xeral.




Un dos principais problemas desta situación sitúase no eido da alimentación. Co encarecemento do carrito da compra e as precarias condicións económicas dos fogares españois, a calidade nutricional dos máis pequenos vese altamente afectada, por falta de recursos ou por adquisición de produtos máis económicos que se atopan lonxe dunha alimentación equilibrada e saudable.


A través do informe proporcionado por Cáritas España, podemos observar as estratexias que as familias de baixos recursos están a seguir para poder remediar a súa situación de precariedade, indicándonos que a metade destes fogares realizan grandes recortes do presuposto destinado a alimentación, incluíndo o case 18% de fogares con nenos que deixaron de acudir ao comedor escolar.


Neste contexto, que viuse agravado tamén polas consecuencias derivadas da pandemia, os comedores sociais xogan un papel fundamental na sociedade e xa comezaron a experimentar a chegada de cada vez máis persoas que asisten cada día en busca dun plato de comida.

Desta forma, moitos comedores sociais atópanse afogados, sendo incapaces de proporcionar os recursos necesarios a todas as persoas e demandando un maior apoio e investimento por parte dos gobernos.



Ao mesmo tempo, numerosas organizacións ou ONGs que loitan pola protección e mellora da calidade de vida dos menores están a incrementar as súas campañas solidarias co fin de dar a coñecer esta situación e demandar solucións inmediatas.

É o caso de entidades como Aldeas Infantiles SOS que, en época de Nadal, puxo en marcha un proxecto e forma de reto: encher os platos de comida de 2000 nenos.


No caso de Save the Children, esta entidade colabora con Bancos de Alimentos nas campañas de recollida de comida, pero tamén empregan as súas páxinas web para recoller firmas e esixir medidas que inclúen a implementación de axudas estatais para a crianza dos menores, a garantización de prazas escolares e comedores gratuitos para todos os alumnos en situación de vulnerabilidade ou a prohibicón de cortes enerxéticos tendo en conta a presencia de menores no fogar, entreo outras.



Enlaces ás fontes empregadas:





1 comentario


Consello de redacción: debemos evitar os parágrafos excesivamente curtos e os parágrafos-oración. Nun parágrafo temos que presentar, explicar e pechar unha idea. Hai unha boa construción do relato xornalístico e tamén unha boa integración dos gráficos nel. A gama de cores está tamén moi ben traballada ao longo de todo o proxecto, o que aporta unidade ao conxunto.


Os gráficos de datos están ben e tan só nos faltaría mudar o punto pola coma como separador dos decimais. A infografía está tamén moi ben executada e só lle faltaría a autoría, iso si. Finalmente, no mapa si que teriamos algo de terreo para ampliar a información sobre estes comedores e bancos de alimentos. É unha mágoa que quede só n…

Me gusta
bottom of page