top of page

Un percorrido polo val de Monterrei

O val de Monterrei, na comarca de Verín ao sur de Ourense é unha das rexións galegas con máis riqueza arqueolóxica da comunidade. O territorio conta con varios xacementos arqueolóxicos de diferentes épocas na historia. Dende petroglifos e lagares rupestres (Oimbra é o municipio galego con máis lagares rupestres documentados.) ata restos de castelos medievais e outros asentamentos de diversas épocas.


A cantidade de xacementos é tan variada en tipos como en épocas que é complexo ter unha visión global dos elementos da rexión. O obxectivo do mapa é localizar os lugares arqueolóxicos e propoñer unha rota polos espazos de maior interese da zona, diferenciando de xeito visual o tipo de xacemento.


A maior dificultade foi a localización de imaxes dos diferentes lagares en boa calidade e diferencialos entre si, xa que algúns son moi semellantes.






1 comentario


A nivel de contido está ben, aínda que si que é certo que nos quedaría certa marxe para presentar algúns elementos de xeito máis sintético e con fórmulas que fosen comúns a todos os puntos (algo como "tipo de monumento" ou semellante). No terreo dos recursos visuais empregados nada que dicir, pois son correctos e funcionan ben. Finalmente, en termos de programación faltaría por darlle un pouco máis de amplitude ao popup, pois no estado actual queda moi longo en sentido vertical e iso complica a consulta do texto que hai nel. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page