Turismo rural: unha opción vacacional que medra
- luciaortigueira
- 3 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Decanteime por recabar datos relativos ao turismo en establecementos de turismo rural nas comunidades autónomas, e a partir de aí escollín tres variables: número de establecementos deste tipo abertos, prazas ofertadas e cantidade de persoal que empregan. En función da variable, considerei que o mapa coroplético sería máis claro para a primeira; a gráfica de barras para as prazas; e a táboa para o persoal. Aínda así, elaborei un mapa de burbullas para a variable do número de establecementos abertos, e penso que funciona igualmente ben.
En canto aos principais problemas, dicir que derivaron esencialmente da limpeza dos datos, porque unha vez os revisei ben solucionouse calquera incidencia. As comas ou puntos son un perigo. Relativo a cuestións estéticas, quizais a disposición e tipo de lenda foi o que me dou máis dores de cabeza. Tamén dubidei nun inicio sobre que tipo de gráfica empregar para a variable das prazas ofertadas: penso que a de barras agrupadas foi unha opción que cumpre a súa función.
Os datos saqueinos do INE, e poden consultarse premendo nesta ligazón. Achego a continuación tamén os datos unha vez feito o traballo de limpeza. Son tres excel, porque separei as variables para cada visualización.
E finalmente, aquí podedes ver as tres (catro) visualizacións:
O traballo no mapa é perfecto, tanto na parte de datos como na súa presentación. Hai unha liña de cor moi clara, grazas á cal é posible saber onde están os datos máis baixos e os máis altos. Ademais, a edición das ventás emerxentes é tamén perfecta.
A táboa tamén está moi ben construída e axuda moito tanto a organización dos datos de maior a menor como o uso da cor.
No gráfico tampouco hai problemas na súa construción, nin na elección das cores. Onde se podería facer unha pequena revisión é na forma gráfica elixida. Aínda que é correcta para o que se quere presentar, o feito de contar contantos territorios lévanos a que o gráfico remate por se…