top of page

Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA): unha loita contra o propio reflexo

En 2022, un de cada vinte adolescentes sufría un Tratorno da Conducta Alimentaria


A idade de padecer este tipo de patoloxías descendeu ata os doce anos


Os Trastornos da Conducta Alimentaria (TCA) son trastornos mentais que se caracterizan polo desenvolvemento patolóxico respecto á alimentación e que supoñen unha obsesión polo control do peso e unha deformación mental da propia imaxe física.


Este tipo de enfermidades comezaron a manifestarse hai relativamente pouco. De feito, nos medios de comunicación faise moito fincapé na actualidade destes trastornos, na súa alta causalidade social, na influencia das modas e no alarmante da súa frecuencia. Na última década a prevalecía de TCA disparouse hasta o punto de constituír unha auténtica epidemia: en España, no ano 2011 eran 14.659 fronte aos 65.197 de 2019, último ano rexistrado.


Antes ás clínicas tan só chegaban casos de Anorexia e Bulimia Nerviosa, pero a crecente incidencia dos TCAs e a maior consciencia deles, fixo que co paso do tempo se desenvolveran novas formas de alterar a conducta alimentaria. A Asociación Nacional de Trastornos da Alimentación (NEDA), recolle a seguinte clasificación:

  • Anorexia Nerviosa

  • Bulimia Nerviosa

  • Trastorno por Atracón

  • Ortorexia

  • OSFED, coñecido como Trastorno alimentario non especificado (EDNOS, polas súas siglas en inglés)

  • Trastorno restritivo da inxesta de alimentos por evitación (ARFID)

  • Pica

  • Trastorno de rumiación

  • Trastorno alimentario ou da alimentación non especificado

A día de hoxe as patoloxías máis comúns seguen sendo a Anorexia e a Bulimia, xunto co Trastorno por Atracón, chegando a darse en un de cada vinte adolescentes en España, segundo datos da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, difundidos por Newtral.es.


Segundo o informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), World mental health report: Transforming mental health for all, no ano 2019, aproximadamente 970 millóns de persoas a nivel padeceron algún tipo de enfermidade mental, das cales 14 millóns rexistraron sufrir un TCA. En canto a datos extraídos do Instituto de Métricas e Avaliación da Saúde (IHME), un 0,5% pertencía a España. No seguinte mapa pode verse a incidencia nivel europeo:



Quen pode sufrir un TCA?

Calquera persoa pode ser vítima deste tipo de patoloxías, xoven ou maior, pero o habitual soe ser que afecte a adolescentes e mulleres mozas, sendo a súa prevalencia en España do 4,1 a 6,4 por cento, entre os 12 e os 21 anos.


Non obstante, hai un crecente predominio de TCA en homes, pero a súa manifestación non é igual. No caso do sexo masculino, é máis habitual padecer outro tipo de trastorno alimentario como é o caso da Vigorexia, unha adición ao exercicio físico que soe afectar a varóns de entre 18 a 35 anos. Porén, cada vez hai máis mulleres que tamén se ven afectadas por esta variante.


Que pode causar un TCA?

Non existe unha causa exacta que poida producir que unha persoa derive neste tipo de enfermidades. Polo xeral, asóciase a unha falta de autoestima ou descontento co propio físico, pero a verdade é que son moitos e diversos os factores que poden influír, incluso pudendo ser estes externos á propia persoa. Aquí recóllense uns cantos puntos xerais que soen ser frecuentes á hora de diagnosticar un TCA:


Coñecer para previr

Pese ao perigo que supoñen estes trastornos, hai moi pouca implicación, datos e estudos ao respecto: a maioría da información máis recente remóntase ao ano 2019. Afortunadamente, cada vez hai máis consciencia social respecto ás enfermidades mentais en xeral, o que está sendo un contrapunto ao progresivo crecemento de defuncións que estaba habendo estes anos. No seguinte gráfico móstrase a evolución das mortes a causa de trastornos mentais e do comportamento, con datos recollidos polo INE:



Sen dúbida, a pandemia pola COVID-19 supuxo un punto de inflexión en termos de saúde mental, pero estase a realizar un traballo social e comunitario para concienciar aíndas máis e poder paliar o problema. A saúde mental é unha realidade que pouco a pouco está deixando de ser silenciada.






1 comentario


Bo relato informativo, ben estruturado e cun bo desempeño dos materiais gráficos. Dentro destes, iso si, tocaría revisar a escala de cor do primeiro mapa, que se nos move por demasiadas cores e temos un verde moi intenso (que parecería o dos datos máis altos) e tamén un laranxa moi intenso (que é realmente o dos datos máis altos). A infografía está ben resolta e conecta coa gama de cores elixida e no gráfico final seguramente che resultase de máis utilidade presentar a comparativa do total, das mulleres e dos homes, xa que así temos a panorámica completa destas mortes. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page