Todo o que debes saber do Golden Gate
- sabrinapl1444
- 29 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Para realizar esta infografía o que máis complicado me resultou foi a elección do tema, posto que non era capaz de visualizar ningunha das ideas que tiña para representalas visualmente. Decidín recorrer a un tema sinxelo como o é esta ponte e que ó mesmo tempo sexa recoñecible para case todo o mundo. A partir de aí, comecei a seleccionar a información que me parecía máis importante e intentei facer varios modelos de como se poderían representar visualmente cada un dos elementos.
Esta infografía é moi sinxela porque recorre a iconas simples e facilmente recoñecibles. Ademais o deseño gráfico é a parte máis importante; xa que apenas hai textos. Tratei de facer que fose o máis simple posible e que o deseño tampouco tivese demasiados elementos distractores, por iso ademais das iconas e as letras, hai moi poucas cores utilizadas.
A parte estética foi a que me resultou máis complicada porque intentei utilizar a cor representativa da ponte, pero o fondo escollido ó comezo negro, non resaltaba o suficiente a información. A cor azul non me convencía nun principio, pero era a que mellor destacaba o vermello e por ese motivo a letra tamén é escasa, porque ó ser branca a lectura é máis complicada.
Ollo! Cando incrustamos un elemento nunha web é importante comprobar que lle destinamos o espazo axeitado para que se vexa todo de xeito correcto. Aquí faltaríalle un chisco máis de tamaño para poder apreciar todos os detalles. Non pasa nada, pero si para que o teñas presente de cara ao futuro.
Xa dentro da infografía, a selecciónd e cores é boa, pero si que é certo que a tipografía que se presenta en branco sobre os fondos azuis non dá tnto contraste como debería e non é tan sinxela de ler como a que está sobre o vermello. De cara ao futuro hai que revisar que todos os textos e en todos os puntos teñen o contraste e a lexibilidade…