top of page

Taxas de emprego e paro das principais ramas académicas

Para esta segunda prácticas elexín analizar os datos de emprego e paro dos titulados universitarios en España. A comparativa realiceina en base a unha táboa comparativa para ver como varían os datos en función da rama académica (ciencias, ciencias sociais, saúde...). Despois para o mapa comparei a taxa de emprego de cada unha desas ramas en función da comunidade autónoma.


As tres gráficas tratan de seguir a mesma liña estética e buscan amosar a información de tres xeitos diferentes: un mapa por comunidades autónomas, unha táboa básica e un gráfico de dispersión que permite visualizar a información dun xeito máis sinxelo e sen necesidade de interpretar a táboa.


As comunidades situadas na metade norte do país son as que presentan a maior taxa de emprego, mentres que Andalucía destaca como a comunidade coa taxa máis alta de paro, polo tanto, presenta menor emprego.






Os titulados universitarios das ramas de informática son as que prsentan máis taxa de emprego e menos paro.



Os datos de paro e emprego das ramas universitarias están directamente relacionados entre sí e así é a relación:





Táboa de datos utilizada



1 comentario


Hai un bo traballo no terreo dos datos pero, iso si, faltan por facer uns pequenos axustes no relativo á súa presentación no terreo visual.


No mapa habería que axustar a escala de cor, que non se move nunha única cor, senón que o fai de violeta a marrón e a violeta máis escuro de novo. Habería que elixir unha cor e ir de máis suave a máis intensa.


A táboa é pertinente e o gráfico tamén, aínda que neste último faltaría facer uso do espazo de descrición ou subtítulo, que se aproveita como porta de entrada ao material. Lembra tamén que temos que axustar o idioma da visualización, que actualmente está en español e en inglés no mapa, para…


Me gusta
bottom of page