top of page

Suicidios en España, a epidemia da que non se fala

Este traballo recolle os datos da que xa é a principal causa de morte non natural en España: o suicidio. Represéntanse de tres xeitos; mediante un mapa, un gráfico e unha táboa. Nestes atopamos os datos dos suicidios por CCAA dos dous últimos anos dos que se teñen rexistro: 2019 e 2020 (INE).





Despois da limpeza deses datos e a partir da elaboración das seguintes representacións, podemos sacar varias conclusións sobre este tema do que non se fala - os medios téñeno prohibido e para a sociedade é un tabú -.



Da representación no mapa podemos observar cunha simple ollada que no noroeste sitúase o punto negro dos suicidios, a meirande parte dos que teñen lugar no país. O mapa permítenos, ir descubrindo os datos de suicidios por comunidades autónomas acompañados tamén da información dos datos nese mesmo territorio do periodo anterior, 2019.


Porén, cabe destacar que pola propia realidade física do mapa, non é posible observar como en 2020, a cidade autónoma de Melilla rexistrou tamén un dato significativamente preocupante en canto á mortalidade por causa do suicidio.


Co seguinte gráfico, destacamos non só os datos de Asturias e Galicia (as CCAA con maior número de suicidios rexistrados nos anos analizados), senón que tamén se destaca ese dato antes comentado de Melilla, que no mapa pasaba totalmente desapercibido e que porén, cómpre ter en conta.


Este gráfico permítenos ademais unha doada comparación entre CCAA tamén dos datos correspondentes ó ano 2019, xa que con só pasar o rato por enriba da barra de datos dalgunha CCAA durante ese periodo, marcaranos en todas elas só o ano seleccionado. Por outra banda, a disposición de tódalos territorios nunha columna e a representación en barras permítenos a rápida comparación dos datos. Cabe reflexionar, así mesmo, sobre os chamativos datos de Asturias e Galicia (que xa destacaban no mapa) e convidar á reflexión dos de Melilla (que cunha poboación menor que moitos outros territorios, rexistra un número de suicidios moi superior e tamén disparado respecto a 2019).












































Por último, a elaboración da táboa permítenos establecer unha terceira variable, a da evolución dos suicidios no periodo analizado (2019-2020).


Mantemos como nos dous materiais anteriores a mesma paleta de cores para representar os territorios segundo o número total de suicidios. Para representar unha evolución positiva (diminución dos suicidios) empregamos o verde, mentres que o vermello se mantén para os territorios onde aumentan os casos.


Esta táboa sérvenos unha vez máis para pór de manifesto os preocupantes datos da problemática e para observar que estamos lonxe de pórlle solución. Ademais, a evolución en tanto porcentual permítenos preguntarnos se os datos de Melilla poden ter algún tipo de erro na súa recollida (na de 2019, cando os datos se afastan moito dos da outra cidade autónoma: Ceuta) ou ben se houbo algunha causa que motivou unha subida dos casos do 300% nun ano.


Así mesmo, a representación dos datos permítenos extraer unha serie de reflexións. Por unha banda, observar que as Comunidades máis poboadas (como Madrid ou Catalunya) non son as que rexistran un maiores datos de suicidios (como se podería pensar), senón que podería dicirse que o contrario, comunidades despoboadas e envellecidas (como Galicia e Asturias) presentan uns datos de suicidio en números totais, maiores. Isto convídanos á reflexión tamén da influencia do peso do sector primario na economía como variable que influencia no número de suicidios (sabemos que en Francia un traballador do sector primario se suicida cada día, en España non dispoñemos de datos por sectores).


Por outra banda, destacan tamén os datos non só de Melilla, senón tamén da outra cidade autónoma Ceuta, ambas preto dos 5.000 casos de suicidio anuais, o que as coloca en datos semellantes ós da Comunidad de Madrid, infinitamente maior en poboación.


A maior caída do número de suicidios en 2020 respecto a 2019 rexistrárona as Illes Balears (un 11,56% menos), o cal nos pode levar a pensar que por mor da pandemia, a menor afluencia de turismo nas Illas, puidera ter algo que ver.














































1 comentario


NOTA INICIAL: Pasácheste un pouco coa reflexión sobre o traballo! Agradécese, pero non che facía falta facela tan extensa 😮


O traballo cos datos é bo e as formas gráficas empregadas axústanse ao que buscas comunicar. No gráfico quedaría certas marxe para explorar algunha forma que nos axudase a aforrar un pouco de espazo vertical. No seu estado actual —e dada a cantidade de variables presentes no gráfico— queda moi "longo" para algunhas pantallas, o que pode complicar a súa visualización. Aquí quedaría oco para ver se algunha das que compara asignándolle unha columna a cada ano —por exemplo— nos axuda a facilitar esa consulta. Con todo, a selección do gráfico si que é correcta para o que se quere…


Me gusta
bottom of page