top of page

Sobre a pobreza menstrual en España...

Aínda que moitas veces cando escoitamos a palabra "pobreza" non imaxinemos esta situación nun nivel extremo no noso país, a realidade é que está presente en moitas máis situacións das que imaxinamos. En canto á pobreza na hixiene menstrual, España ten unhas carencias moi grandes que dificultan o desenvolvemento da vida cotiá de moitas persoas menstruantes.


Con esta publicación, o que pretendo é amosar de xeito resumido, unha realidade que se segue a vivir a día de hoxe e pola que moitas persoas loitan para mellorar. Tanto problemas de acceso a produtos de hixiene íntima, rebaixas nos prezos destes artigos, melloras nas condicións laborais e escolares para persoas menstruantes, concienciación e educación neste ámbito para os máis pequenos...


Son moitos os obstáculos existentes na actualidade para poder acceder a bens de necesidade primaria para todas estas persoas. Non debemos esquecer a realidade que viven milleiros de persoas en España, cuxas circunstancias tamén son amplas para contar. E tamén é preciso moito traballo para poder desmontar mitos e tabúes que seguen a existir na sociedade de hoxe en día, e que afectan en grande medida a todas as persoas menstruantes do mundo.






1 comentario


En primeiro lugar, fíxate que o espazo seleccionado para incrustar a infografía quedou algo pequeno dentro da páxina do blog, polo que hai puntos nos que se perde un pouco a lexibilidade dos textos (xa que quedan pequenos). Non pasa nada a nivel da práctica, pero si que é necesario fixarse tamén nestes temas, pois inflúen no éxito do noso traballo.


A nivel de cor o traballo funciona bastante ben. Logras un bo contraste entre os diferentes elementos que presentas, e consegues ter boa lexibilidade onde hai texto, pois hai bo contraste.


O terreo no que habería que facer algúns axustes máis é no relativo á posición dos elementos dentro de cada un deses bloques que constrúes. O exemplo máis…


Me gusta
bottom of page