top of page

Sobre a migración en Europa e a concesión de permisos de residencia

Para completar esta práctica, empreguei datos de dúas fontes distintas: Eurostat, para datos internacionais, e o SEPE, para datos de carácter nacional.

Na primeira das gráficas, amósanse os datos das cifras de migración legal (é dicir, de todas aquelas persoas rexistradas como migrantes e que dispoñen dun permiso de residencia do país receptor) en tres nacións europeas, Suíza, República Checa e Eslovenia, ao longo do 2021. Dentro destes datos de migración, pareceume interesante focalizarme en dous grupos sociais en función da idade das persoas: menores de idade e xubilados. Así mesmo, dentro desas dúas categorías, tamén subdividín entre as migracións por parte das mulleres e por parte dos homes.

Como resultado desa clasificación dos datos, podemos obter unha infografía como a que se amosa abaixo, con diferenzas de datos en función dos países aos que migra a xente, podendo sacar conclusións sobre cales deles dispoñen cun nivel de vida máis elevado, en función do coñecemento que o lector ten sobre estes.



Os estranxeiros reducen a demanda de emprego no territorio español dende a recesión da Covid


Nesta segunda infografía, optei, seguindo un pouco a temática da anterior, analizar a demanda de emprego en España por parte de estranxeiros que veñen a traballar ao país, durante o ano 2021. Estes datos están clasificados en taxas de demanda de emprego por comunidades e cidades autónomas. Cada un dos puntos que corresponde cos datos desa autonomía, dispón no propio popup doutra gráfica na que se estuda a evolución da demanda de emprego de estranxeiros dende o 2018 ata o 2021.

Grazas a estes datos, podemos observar o impacto que tivo a pandemia para este colectivo, que aumentou as súas cifras de parados como consecuencia das circunstancias que se viviron no 2020. Ademais dos datos por individual, tamén é posible facer unha visualización de rápida comprensión sobre cales son as autonomías que teñen unhas taxas de estranxeiros demandando emprego, que pode estar influído por varios motivos: a proximidade a outros países, como o caso de Melilla, un nivel de vida alto, maiores ou menores oportunidades no mercado laboral, etc.

Os datos empregados para cada unha das infografías anteriores son do SEPE e de Eurostat, respectivamente. Como non se me daban nun formato sinxelo nos que puidese agrupar todas cifras empregadas, construín un documento Excel para cada gráfica, reunindo así todos os datos precisos.




1 comentario


O gráfico de xerarquía está case perfecto. Só faltaría facer un axuste pequeno no formato dos números e xa quedaría listo, pois está ben traballado no terreo dos datos e ben elaborada a xerarquía.


En canto ao de dispersión, nada que dicir, poderíase poñer o símbolo "%" ao carón das cifras do eixe X, pero está perfecto. Noraboa!!

Me gusta
bottom of page